A Bidens aurea é unha especie de planta pertencente á familia Asteraceae. En Galicia está catalogada como especie invasora.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023] miniatura|Detalle de follas e flor. miniatura|Vista das flores.
Descrición É unha herba perenne, rizomatosa, que alcanza un tamaño de 50 cm a 1 m de altura, cos talos verdosos ou café avermellados. Posúe follas opostas, de bordo aserrado. As flores, solitarias (capítulos), de 20 a 35 mm de diámetro, con flores liguladas brancas, coa rexión interna de tonalidade amarelada. Os seus froitos son aquenios, angulosos, con 2 a 4 ganchiños retortos no extremo.
Distribución e hábitat Especie orixinaria de América Central, presente en climas tépedos e cálidos. Planta silvestre, formando matas densas en xardíns. Foi descrita como maleza en viñedos en Chile e a Arxentina.
Propiedades Esta planta ten utilidade medicinal en Michoacán e Sonora para as enfermidades do peito, en xeral empréganse as ramas e follas, pero se hai dor, tómase a infusión de toda a planta. En padecimentos gastrointestinas, como inflamación do estómago, inxírese a infusión das follas, ou bébese a infusión da rama como auga de uso para que actúe como purgante. Repórtase útil nos tratamentos do mal de ouriños, hidropesía, diabetes, dor intestinal e en casos de mala dixestión.
Química
Na raíz de B. aurea identificáronse o alquenino trideca-1-trans-11-diene-3-5-9-tetrayne e 3 derivados deste composto e o liganano 1 -(2-acetoxi-2-metil-propionil-oxi)-isobutirato de eugenol. Na parte aérea indícase a presenza de alquinos, un derivado do tetradecadieno, e seis derivados do tridecadieno.
Taxonomía Bidens aurea foi descrita por (Aiton) Sherff e publicada en Botanical Gazette 59(4): 313. 1915.Bidens aurea en PlantList
Citoloxía
Número de cromosomas de Bidens aureus (Fam. Compositae) e taxóns infraespecíficos: 2n=6X=72Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal. II. Compositae Fernandes, A. & M. Queirós (1971) Bol. Soc. Brot. ser. 2 45: 5-121
Etimoloxía
Bidens: nome xenérico derivado de dúas palabras latinas "bis" (= dúas veces) e " dens " (= dente) e refírese ás cerdas dos aquenios dalgunhas especies deste xénero que están formados só por dous dentes afiados. Os primeiros estudosos da natureza do Renacemento, incluído Pietro Andrea Mattioli (1501 - 1578), humanista e médico, así como botánico, incluíran as especies deste xénero no grupo de Eupatorium, pero foi o botánico francés Joseph Pitton de Tournefort (1656 - 1708 ) quen concedeu importancia ao carácter do aquenio e utilizou este nome por primeira vez (e polo tanto fundou a etimoloxía), que máis tarde Carl von Linné mantivo nos seus escritos a partir de 1737.Motta, op. cit., vol. 1 p. 299
aurea: epíteto latino que significa "dourado".En Epítetos Botánicos
Sinónimos
Bidens arguta Kunth Bidens arguta var. luxurians (Willd.) DC. Bidens aurea var. wrightii (A.Gray) Sherff Bidens decolorata Kunth Bidens heterophylla Ortega Bidens longifolia DC. Bidens luxurians Willd. Bidens tetragona (Cerv.) DC. Bidens warszewicziana Regel Bidens warszewicziana var. bipinnata Regel Coreopsis aurea Dryand. ex Aiton basónimo Coreopsis aurea var. incisa Torr. & A.Gray Coreopsis aurea var. leptophylla (Nutt.) Torr. & A.Gray Coreopsis aurea var. subintegra Torr. & A.Gray Coreopsis coronata Walter Coreopsis ferulifolia Jacq. Coreopsis lucida Cav. Coreopsis luxurians (Willd.) P. Pell. Coreopsis nitida Cav. Coreopsis nitida Hort. Coreopsis tetragona Cerv. ex La Llave & Lex. Coreopsis tetragona Cerv. Coreopsis trichosperma var. aurea (Dryand. ex Aiton) Nutt. Diodonta aurea (Dryand. ex Aiton) Nutt. Diodonta leptophylla Nutt.
Notas
Categoría:Flora de América Central Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas invasoras