Chasmanthe floribunda (Salisb.) N.E.Br. é unha especie herbácea e perenne pertencente á familia das iridáceas. É usada como ornamental en varias partes do mundo.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras miniatura|Detalle da flor.
Descrición É unha herba perenne, de follaxe decidua, bulbosa e ornamental, nativa de Suráfrica do mesmo xeito que as restantes especies de Chasmanthe. É unha especie que alcanza gran tamaño, até 1,2 m, con follas ensiformes de 30 a 60 cm de longo e 3 a 5 cm de ancho e flores tubulares de cor vermella-alaranxada nunha espiga erecta. Vexeta no inverno, florece na primavera e permanece en repouso durante o verán.
Taxonomía Chasmanthe floribunda foi descrita por Salisb. N.E.Br. e publicada en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 274. 1932.
Etimoloxía
Chasmanthe: nome xenérico que procede do grego chasme, que significa aberto, partido e anthos, que significa flor, facendo referencia aos tépalos incisos ou partidos.
floribunda: epíteto latino que significa "profusamente floreada".En Epítetos Botánicos
Sinonimia
Antholyza floribunda Salisb., Trans. Hort. Soc. London 1: 324 (1812). Petamenes floribunda (Salisb.) E.Phillips, Bothalia 4: 44 (1941). Antholyza praealta Delile
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.
Categoría:Plantas descritas en 1932 Categoría:Flores Categoría:Plantas bulbosas Categoría:Plantas invasoras