Erigeron karvinskianus é unha especie de plantas da familia Asteraceae.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora. miniatura|Hábito. miniatura|Flor. miniatura|Vista da planta.
Descrición Esta planta rubideira ou amacollada, é útil como tapizante informal e en climas suaves florece con profusion todo o ano. As pequenas flores, de 25 mm de ancho son brancas ao abrirse e adoptan diversos tons rosados e vermello burdeos. Crece até uns 38 cm de alto, esténdese indefinidamente e ten talos laxos e estreitas follas vellosas, a miúdo lobuladas. Pode ser bastante invasiva en climas suaves.
Distribución Orixinaria de México e América central.
Propiedades É a disentería o principal padecemento contra o cal se usa esta planta. Para curala, recoméndase tomar tres veces ao día un té elaborado coas ramas ou con toda a planta. Preparada e administrada da mesma forma, utilízase para deter a diarrea e aliviar a dor corporal.
Química
As partes aéreas de E. karwinsianus conteñen un aceite esencial no que se identificaron principalmente os sesquiterpenos allo-aromadendreno, bergamoteno, alfa, gamma e delta-cadineno, cariofileno, alfa-copaeno, beta-cubebeno, curcumeno, beta-elemeno, beta-farneseno, guaieno, humuleno, gamma-muroleno; e os monoterpenos cosmeno, mirceno, trans-ocimeno e alfa pineno; Tamén se detectaron nas partes aéreas os esterois campesterol, colesterol, alfa-espinosterol, o seu dihidro-derivado, estigmasterol e beta-sitosterol, e as cromonas erigerósido e piranósido de 3-hidroxi-4-pirona.
Taxonomía Erigeron karvinskianus foi descrita por Augustin Pyrame de Candolle e publicada en Prodromus Systematis Naturalis Regni Vegetabilis 5: 285. 1836.Erigeron karvinskianus en TrópicosErigeron karvinskianus en PlantList
Etimoloxía
Erigeron: nome xenérico que deriva das palabras gregas: eri = "temperán" e geron = "home vello", polo que significa "home vello na primavera", en referencia ás cabezas de sementes brancas abrandadas e a floración temperá e frutificación de moitas especies.
karvinskianus: o epíteto refírese a Wilhelm Friedrich Karwinski von Karwin, que recolleu a planta en México segundo de Candolle. (De Candolle usaba finais neutros para os epítetos específicos de Erigeron, pero a palabra é masculina, ó derivar da palabra , geron, home vello.)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brako, L. & J. L. Zarucchi. (eds.) 1993. Catalogue of the Flowering Plants and Gymnosperms of Peru. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 45: i–xl, 1–1286. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Nelson, C. 1976. Algunas plantas del Departamento de Ocotepeque, Honduras. Ceiba 20(1): 27–41. Steyermark, J. 1995. Flora of the Venezuelan Guayana Project.
Categoría:Plantas descritas en 1836 Categoría:Aceites esenciais Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas invasoras