Celtia Figueiras Rama, nada en Esteiro (Muros) en 1986, é unha actriz, monicrequeira e produtora teatral. Fundou en 2007 A Xanela do Maxín e ao longo da súa carreira produciu, escribiu e dirixiu máis de 30 pezas teatrais.

Traxectoria Iniciou a súa carreira profesional con Chincha Rabincha, espectáculo fundacional da Xanela do Maxín, compañía teatral orientada á creación de obras para o público familiar e ao xénero escénico dos monicreques. Dende aquela, exerceu como autora, directora, dramaturga ou intérprete en producións desta compañía como son En busca da arte (2008), Os libros do titiriteiro (2009), A caixa de Nuk ou A pequena Lúa (2009).

A súa traxectoria inclúe obras teatrais como O rei destronado (2010), O murmurio do mar (2013), Só lles falta falar (2014) ou O Bigote de Mimí (2016), así como proxectos de intervención social como Pasando a Bóla (2023) e Rachando co Guión (2025). Nos últimos anos tamén impulsou dende a súa compañía producións como As aventuras de Gale (2017), O Apalpador e a nena sen medo (2018), A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (2019), Leonardo e os biosbardos (2021), Lúa quere viaxar a Marte! (2022) ou Coliño (2023).

Ademais do seu traballo coa Xanela do Maxín, Celtia Figueiras, colaborou con outras compañías e artistas en espectáculos de formacións como Teatro Buratini, Títeres Alakrán ou Art-Monium. En 2021 participou en O soño musical dos mapas celestes, xunto a Uxía e Germán Díaz. Como narradora oral, implicouse en diversos proxectos e colaborou con artistas como Luis Vallecillo en pezas como O Bigote de Mimi (2016) ou Cantamos? (2018).

Audiovisual Fóra do seu traballo no escenario, Celtia Figueiras realizou incursións na produción audiovisual. En 2020, produciu e realizou a miniserie Os Toupiconsellos para o Fondo de Proxectos Culturais da Xunta de Galicia e, no 2021, fixo o propio con Toupiciencia. En ambas as dúas producións tamén desempeñou roles como actriz e guionista.

Faceta Literaria Como autora, Celtia Figueiras escribiu contos para a infancia e a mocidade, entre eles U-la Lúa (2018), Cantamos? (2018), O Apalpador e a nena sen medo (2019), Pasando a Bóla (2020), A Viaxe de Saira (2021), Toupiciencia (2021), Lúa quere viaxar a... Marte! (2022) e O Libro da Toupiciencia (2022). Estes títulos foron publicados baixo o selo de Guindastre Edicións, no que tamén exerce como directora editorial.

Obras de teatro

Chincha Rabincha (2007; autora, directora e actriz) En busca da arte (2008; autora, directora e actriz) O Pazo de Papel (2008; actriz) Os libros do titiriteiro (2009; autora, directora e actriz)

A caixa de Nuk (2009; autora, directora e actriz) A pequena Lúa (2009; autora, directora e actriz) O rei destronado (2010; autora, directora e actriz) Titeremusicontos (2010; autora e directora) O murmurio do mar (2013; autora e directora) A paz no peto (2013; autora, directora e actriz) Recital de Contos Cantados (2013; directora) Só lles falta falar (2014; autora, directora e actriz) Dondo (2014; autora, directora e actriz) Cántoche un Conto? (2015; directora) A obra de Castelao en teatro de sombras (2016; autora, directora e actriz) Visita teatralizada Camilo José Cela (2016; directora e actriz) As Estacións en Contos (2016; autora, directora e actriz) O Bigote de Mimí (2016; directora e actriz) As aventuras de Gale (2017; autora, directora e actriz) U-la Lúa? (2017; autora, directora e actriz) O Mundo de Carliños (2017; directora) Cantamos con Celtia e Rosi (2018; autora, directora e actriz) Gale, a historia da lingua (2018; autora, directora e actriz) O Apalpador e a nena sen medo (2018; autora, directora e actriz) Cantares das Letras (2018; directora) O Aniversario da Biblioteca (2018; directora e actriz) Cantamos? (2018; autora, directora e actriz) A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (2019; autora, directora e actriz) A Galiña dos ovos de ouro (2019; actriz) Apalpador 3.0 (2019; directora e actriz) U-la Lúa? na escola (2019; autora, directora e actriz) A viaxe de Saira (2020; directora e actriz) A gárgola do mestre Mateo (2021; directora e actriz) O Soño Musical dos mapas Celestes (2021; actriz) Leonardo e os Biosbardos (2021; directora e actriz) Saira 3.0 (2021; directora e actriz) Toupiciencia Show (2022; autora) Lúa quere viaxar a... Marte! (2022; autora e actriz) Sorpresa! (2023; autora e actriz) O Apalpador e as palabras perdidas (2023; autora, directora e actriz) Coliño (2023; directora e actriz) Babá-Bebé (2023; autora, directora e actriz) Confi, o Golfiño Manoliño (2024; directora e actriz) Pasando a bóla, xogando para cambiar (2024; actriz) De Castro a Villalta (2024; directora e actriz) Inventoras con mentes curiosas (2024; directora e actriz) Rato Pérez (2024; autora, directora e actriz) De Castro a Villalta (2025; directora e actriz)

Obras publicadas

U-la Lúa (2018) Cantamos? (2018) O Apalpador e a nena sen medo (2019) Pasando a Bóla (2020) A Viaxe de Saira (2021) Toupiciencia (2021) Lúa quere viaxar a... Marte! (2022) O Libro da Toupiciencia (2022)

Notas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Dramaturgos do século XXI