Ludwigia grandiflora é unha especie de planta acuática da orde Myrtales.
Atópase moi relacionada e adoita a confundirse con Ludwigia hexapetala. As dúas especies son distinguibles a nivel dos seus cromosomas, porque L. grandiflora é hexaploide e L. hexapetala é decaploide. Con todo, tamén poden distinguirse morfoloxicamente. L. grandiflora posúe pequenos pelos vellosos, flores máis pequenas e grans de pole máis pequenos. Algunhas autoridades consideran que estas diferenzas son demasiado leves para considerar estas diferentes especies e, por tanto, separan estes taxóns como dúas variedades ou dúas subespecies.
Especie invasora Ludwigia grandiflora atópase na lista de especies invasoras de interese da Unión Europea desde o 2016 e nos Estados Unidos atópase na lista de malezas daniñas do estado de Carolina do Sur. Compite con outras plantas formando densos mantos nas marxes e nos estanques. Introdúcese en áreas tépedas e cálidas de América do Norte e Europa e formou grandes poboacións estables, particularmente en Francia.
En Galicia está catalogada como especie invasora.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023] miniatura|Ludwigia grandiflora na Reserva de Vida Silvestre do río Hillsborough en Florida.
Ecoloxía Ludwigia grandiflora pode e produce sementes viables, pero tamén é moi efectiva a súa reprodución vexetativa e aparentemente o recrutamento de novas plantas a partir de sementes é baixo. As flores grandes e vistosas atraen unha ampla variedade de insectos. Un estudo en Bélxica, onde L. grandiflora foi introducida, mostrou que as flores son visitadas por unha ampla variedade de insectos, incluídas abellas, lepidópteros, escaravellos e moscas sírfidas.
Notas
Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Plantas invasoras