O tesouro de Ruffieu é un pequeno tesouro de época romana descuberto en 1837 no lugar chamado Ruffieu, municipio de Nivolas-Vermelle, no departamento francés de Isère.
Contido O achado produciuse o 8 de maio de 1837 no lugar chamado Ruffieu, na ladeira oriental dun outeiro situado a 80 mestros da estrada Lión-Grenoble.Baratte, F. (1989). Páxina 198.
O tesouro é de tamaño modesto, mais presenta a interesante particularidade dunha inscrición na que se menciona o seu propietario, un soldado romano.Grenier, A. (1926). "Notes d'archéologie rhénane". En Revue des Études Anciennes. T. 28. N°3. Páxina 268.
O conxunto de Ruffieu inclúe os seguintes obxectos:Bertrandy, F. et al. (2011). Páxina 254.
Seis áureos coas efixies de Hadriano, Heliogábalo, Alexandre Severo e Galieno, o máis recente datado en 254 ou 255 d. C. Cinco aneis de ouro engastados con pedras semipreciosas, un deles de cornalina. Unha cazola de prata cunha inscrición en tres liñas no reverso da asa, onde se nomea o seu propietario: C(ai) Didi Secundi / mil(itis) leg(ionis) II Aug(ustae) / |(centuria) Mari."Nº 3453". EDCS. Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (Db.edcs.eu). Unha segunda cazola, unha cunca e catro culleres, todo en prata.
Todo o conxunto está exposto no Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión, co número de inventario A 15452.Ramond, S. (2013). Le musée des Beaux-Arts de Lyon. Réunion des musées nationaux / Fondation BNP-Paribas. Páxina 33. ISBN 978-2-7118-6169-9
Interpretación O propietario, Caius Didius Secondus, era un soldado da Legio II Augusta da centuria Marius, normalmente destinado na Britania. O afastamento da súa gornición habitual a unha zona próxima aos Prealpes e a datación das moedas poderían explicarse polo enfrontamento entre Póstumo —usurpador na Galia e na Britania a partir de 260— e Galieno, emperador lexítimo en Italia.Loriot, X. (2003). "Réflexions sur l'usage et les usagers de la monnaie d'or sous l'Empire romain". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 159. Páxina 58.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Armanet, J. (1937). Le trésor de Ruffieu. Bourgoin. Baratte, F. (1989). "Le Trésor de Ruffieu". En Trésors d'orfèvrerie gallo-romaine. Réunion des musées nationaux, París. Páxinas 198-202. ISBN 2711822389 Bertrandy, F. et al. (2011). Carte archéologique de la Gaule - 38/2 L'Isère nord. Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, París. ISBN 9782877542647 Planet, F. (1992). "Autour du trésor de Ruffieu : une archéologie locale au service de l’histoire nationale". En La monnaie, la cité, l’histoire : le Médaillier de Lyon. Réunion des musées nationaux. Páxinas 56-67. ISBN 2-7118-2572-8
Outros artigos
Tesouro
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Francia Categoría:Artes decorativas Categoría:Ourivaría Categoría:Tesouros romanos