Un beiril é a parte ou zona que remata unha cousa, que a rodea ou constitúe o seu límite con outra cousa, xeralmente sobresaíndo dela.
Estrutura en arquitectura e enxeñaría miniatura|300x300px| Esquema dunha viga en beiril. |esquerda Un beiril, no contexto da enxeñaría estrutural e arquitectura, é un tipo específico de estrutura que se estende dende un punto de apoio fixo e soporta cargas ao longo da súa lonxitude. Un extremo da estrutura permanece fixo, coñecido como encastramento ou engastamento, mentres que o outro é libre. Esas restricións na translación e rotación en un extremo caracterizan un beiril, tamén chamado cantilever por influencia do inglés, ou voadizo, estrutura voadiza por influencia do castelán (véxase terminoloxía).
O termo aplícase tanto a elementos lineais, como vigas e columnas, como a elementos laminares, como lousas. Pontes, farolas, ás de avión e balcóns dos edificios son outros exemplos deste tipo de elementos estruturais.miniatura|A ponte Pierre Pflimlin construída sobre o Río Rin entre Alemaña e Francia, cunha construción temporal en estrutura de beiril, consola ou saínte.
A resistencia dun beiril depende da capacidade do material para resistir momentos de torsión, do deseño da armadura empregada e da distribución da carga. Está deseñado para maximizar a eficiencia na distribución da carga, minimizando a deformación. Tamén pode soportar desprazamentos relativos ou ter apoios elásticos impostos, cuxas restricións son descritas polas condicións de fronteira de Robin. Terminoloxía miniatura|Beiril da Fallingwater, a "Casa da fervenza". Os operarios negáronse a retirar os estadais da armazón provisional e foi o mesmo arquitecto Frank Lloyd Wright quen os retirou. Etimoloxía A palabra beiril en galego e portugués parece derivar da palabra beira, á súa vez proveniente do latín riparia ou do celto-latino viria= anel, círculo, derivada da raíz indoeuropea *wei- (torcer, dobrar), o mesmo que o asturleonés veiril e o castelán vera. A estrutura de beiril tamén se pode referir a unha estada saliente, ou andamio.
Outros termos En portugués tamén se usan os termos consola, estrutura em consola e estrutura de consola. O termo inglés cantilever estendeuse a outros idiomas, e provén probabelmente da combinación de "cant" e "lever", do francés levier (panca) que provén do latín levare (elevar) e á súa ver da raíz protoindoeuropea *legwh- "lixeiro, sen peso". A orixe de "cant" é incerta, pero unha posibilidade é que derive do termo "can", referido a un extremo de madeira que sobresae dun muro, que serve como apoio para as vigas.
En galego tamén é usado o termo voadizo, adaptación do castelán voladizo, elemento que voa ou sobresae (tamén existe o termo salidizo, menos empregado). O termo non é recollido polo bUSCatermos, o DRAG ou o Dicionario Visual da Construción editado polo COAG, pero é comunmente usado por empresas, medios e administración.
Notas
Véxase tamén
Ménsula Cornixa Cuncha (estrutura) Pendente (arquitectura)
Categoría:Construción Categoría:Arquitectura Categoría:Enxeñaría Categoría:Enxeñaría civil