Oenothera é un xénero de aproximadamente 145 especies de herbas anuais, bienaIs e perennes. É o xénero tipo da familia Onagraceae.
Oenathera biennis é nativa de Norteamérica e unha planta de xardín moi popular, que naturalizou en certas partes de Europa e Asia. As súas flores amarelas pálidas ábrense durante a tardeGumbo Lily (Oenothera caespitosa). Native Wildflowers of the North Dakota Grasslands. USGS Northern Prairie Wildlife Research Center.
Foi asignada ao xénero Onagra, que dá o seu nome á familia Onagraceae. Onagra - "(comida de) onagro" -foi utilizada por primeira vez en botánica en 1587 e na publicación de Philip Miller The Gardeners dictionary (Dicionario para xardineiros), na súa edición reducida de 1754. O seu nome científico, Oenothera -utilizado por primeira vez por Linné no seu Systema Naturae- ten tamén unha orixe relacionada co burro, co significado de "atrapa asnos". En grego oeno significa "burro", mentres thera significa "coller, atrapar, perseguir". Crese que o nome se refire a que a planta pode ser utilizada para atrapar burros e outros animais. En 1860, William Baird suxeriu, con todo, que oeno podería ser interpretado como "viño" en grego. Cría que se refería ao feito de que a raíz comestible de Oenothera biennis utilizábase como un aditivo de sabor para o viño.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras esquerda|miniatura| Oenothera speciosa.
Usos A planta e as súas sementes foron usadas polos indíxenas americanos durante séculos. Usaban a planta como infusión en auga quente para curar feridas, problemas cutáneos e mesmo a asma. A onagra, Oenathera biennis, só aparece en Europa a partir do século XVIII. As sementes da Oenathera biennis conteñen ácido gamma-linolénico (GLA), un ácido graxo esencial raro.Oenothera biennis. Ohio Perennial and Biennial Weed Guide. The Ohio State University Extension.
O aceite destas sementes utilízase para reducir as dores da síndrome premenstrual.
Aceite de Oenothera biennis Das sementes da onagra, tras unha primeira presión en frío, obtense un escaso e valioso aceite extremadamente rico en ácidos graxos esenciais (AGE). Conteñen principalmente ácido linoleico e ácido gamma-linolénico (AGL). Estes ácidos graxos denomínanse esenciais porque o corpo humano non é capaz de producilos de por si, polo que necesariamente deben ser incluídos cada día na alimentación. De 3 a 6 g de aceite de Oenathera biennis proporcionan aproximadamente 270–540 mg de AGL.
O aceite desta planta utilízase como analxésico durante a menstruación (eficaz no tratamento da síndrome premenstrual), trastornos circulatorios ou trastornos da pel.
Os efectos secundarios adversos recoñecidos do aceite de Oenathera biennis son mínimos; algúns destes poderían ser dor de cabeza ou náuseas; recoméndase non consumir esta substancia despois dun procedemento cirúrxico.
Planta invasora En España, a Oenothera glazioviana, coñecida tamén como herba do asno, está considerada como flora exótica invasora. Coloniza frecuentemente marxes de estradas e áreas degradadas e aparece en zonas dunares e ribeiras fluviais. En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.
Manexo e xestión A erradicación desta especie ten que realizarse mediante a eliminación manual continuada dos exemplares. Esta acción debe realizarse nos meses de maio, xuño e xullo. A acción debe repetirse durante varios anos, até esgotar o banco de sementes acumuladas no chan.Jones W.; C. Sacamano. Landscape Plants for Dry Regions. Fisher Books. 2000. ISBN 1-55561-190-7
Notas
Categoría:Plantas medicinais