A Bertha Benz Memorial Route é un itinerario cultural e turístico de Alemaña. Segue a ruta que Bertha Benz seguiu en 1888 na primeira viaxe de longa distancia en automóbil da historia.
Historia miniatura| Cäcilie Bertha Benz. En 1886 Karl Benz inventou o automóbil (número de patente 37435 do 29 de xaneiro de 1886). Con todo, inicialmente non foi un éxito económico.
A inicios de agosto de 1888, a súa esposa Bertha Benz, xunto cos seus fillos Eugen e Richard, de 15 e 13 anos, demostraron que o automóbil era idóneo para o uso diario. Bertha conduciu en segredo o Benz Patent-Motorwagen nº 3 dende Mannheim até Pforzheim, a súa cidade natal. A viaxe supuxo un importante avance na historia do automóbil.
En Wiesloch tivo que comprar na farmacia local uns litros de ligroína, o carburante co que funcionaba o vehículo. Este estabelecemento converteuse así na primeira estación de servizo da historia. En 1988, centenario da viaxe, inaugurouse unha placa conmemorativa e, en 1991, un monumento en lembranza da fazaña.
Durante o traxecto houbo que realizar algunhas reparacións, dúas das cales Bertha Benz fixo ela mesma na estrada. Liberou a obstrución do carburador cun alfinete do seu sombreiro e empregou unha liga como illante.
Actualidade miniatura| O Benz Patent-Motorwagen Nº 3 de 1888 En 2007 unha iniciativa privada benéfica fundou dúas asociacións, a Bertha Benz Memorial Route e a Bertha Benz Memorial Club. Esta última está recoñecida como organización sen ánimo de lucro no ámbito da educación, así como da preservación dos monumentos e o patrimonio local.
O 25 de febreiro de 2008 o goberno de Karlsruhe declarou a Bertha Benz Memorial Route como itinerario turístico. Constitúe un monumento dinámico de 194 km no Estado de Baden, e forma parte da historia da industria alemá. O itinerario está incluído na ERIH (Ruta Europea do Patrimonio Industrial).
Percorrido miniatura| Sinal na estrada federal B10 no acceso a Wilferdingen. Desde aquí a Bertha Benz Memorial Route desvíase do itinerario histórico miniatura| Percorrido da Bertha Benz Memorial Route
Traxecto de ida A viaxe de ida percorre uns 104 km en dirección sur, de Mannheim a Pforzheim:
Mannheim - Feudenheim - Ilvesheim - Ladenburg - Schriesheim - Dossenheim - Heidelberg - Rohrbach - Leimen - Nußloch - Wiesloch - Mingolsheim - Langenbrücken - Stettfeld - Ubstadt - Bruchsal - Untergrombach - Grötzingen - Berghausen - Söllingen - Kleinsteinbach - Wilferdingen - Königsbach - Stein - Eisingen - Pforzheim
A ruta está sinalizada e correspóndese co itinerario orixinal cunha única excepción. Desde Wilferdingen até Pforzheimviaxou pola actual estrada federal B10. Ese tramo está sinalizado desde novembro de 2012 como "Bertha Benz Memorial Route (hist.)".
Traxecto de volta A viaxe de regreso segue unha ruta diferente en dirección norte ao longo de 90 km desde Pforzheim a Mannheim:
Pforzheim - Bauschlott - Bretten - Gondelsheim - Helmsheim - Heidelsheim - Bruchsal - Forst - Hambrücken - Wiesental - Kirrlach - Reilingen - Hockenheim - Talhaus - Ketsch - Schwetzingen - Friedrichsfeld - Seckenheim - Mannheim
Paisaxes A ruta comunica lugares case esquecidos da viaxe orixinal, e atravesa a rexión vinícola de Baden.
Tamén segue o percorrido de varias vías romanas na zona da chaira do Alto Rin, como a Bergstraße. O seu itinerario pasa pola Foresta de Oden e a rexión de Kraichgau, e desvíase cara a Pforzheim, no norte da Selva Negra, xusto antes de Karlsruhe.
No traxecto de volta pasa de novo por Kraichgau e a chaira do Alto Rin, esta vez por Rheinauen, cara a Mannheim.
Lugares de interese
Mannheim: Pazo, Luisenpark, Torre de auga Ladenburg: Museo do automóbil Dr. Carl Benz, casa da familia Benz, cidade vella Heidelberg: Castelo, cidade vella, Ponte Vella Wiesloch: Stadt-Apotheke (farmacia local, considerada a primeira estación de servizo do mundo) Bruchsal: Pazo Pforzheim: museo da xoiaría, pazo e colexiata de St. Michael (lugar de enterramento dos margraves de Baden), museo Johannes Reuchlin. Bretten: Melanchthonhaus, Mosteiro de Maulbronn (Patrimonio da Humanidade). No mosteiro estudaron, entre outros, Johannes Kepler, Friedrich Hölderlin e Hermann Hesse. Hockenheim: Hockenheimring Schwetzingen: Castelo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Web oficial Mapas de ida e volta para descargar no GPS
Categoría:Automobilismo en Alemaña Categoría:Mercedes-Benz Categoría:Turismo