dereita|miniatura|Equipo titular na ida da final da Primeira RFEF fronte ao CD Castellón.

Durante a tempada 2023/24 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División RFEF por terceiro ano consecutivo, proclamándose campión e ascendendo así á Segunda División.

Resumo da tempada

Pretempada O novo fracaso deportivo da tempada anterior, na que perdeu o ascenso na promoción, provocou a dimisión do Consello de Administración do club e a destitución do adestrador Rubén de la Barrera. O 16 de xuño anunciouse a Fernando Soriano como novo director deportivo do club e dúas semanas despois chegou un novo adestrador, Imanol Idiakez.

De xeito semellante ás anteriores campañas, o Deportivo sufriu unha profunda remodelación no seu cadro de xogadores, deixando o equipo case unha vintena de futbolistas da tempada 2022/23. Algunhas das baixas do conxunto coruñés foron a do seu capitán, Álex Bergantiños, que colgou as botas despois de 21 anos no club; o máximo goleador dos dous últimos anos, Quiles; e unha das promesas da súa canteira, Trilli. No apartado de fichaxes chegaron, entre outros, os veteranos Paris Adot, Balenziaga e Salva Sevilla, o gardameta Germán Parreño e o centrocampista de Sigüeiro Hugo Rama.

O equipo estreouse nun amigable ante o Atlético Arteixo en Riazor, no I Memorial Arsenio Iglesias, levando o trofeo tras golear por 6-0. A continuación conquistou o 78º Trofeo Teresa Herrera fronte ao Red Bull Bragantino II, nun partido que serviu como homenaxe aos exfutbolistas brasileiros Bebeto e Mauro Silva, así como a Bergantiños. Posteriormente enfrontouse a Coruxo, Compostela, Ponferradina e Arenteiro, perdendo só ante o equipo do Bierzo.

Competición Na primeira xornada da Primeira División RFEF, o Deportivo non conseguiu superar ao Rayo Majadahonda en Riazor, nun partido que acabou sen goles. A primeira vitoria da tempada chegou na seguinte xornada, cun 0-3 contra o Lugo no Anxo Carro e unha boa imaxe do equipo coruñés. Os catro primeiros partidos da tempada deixaron tamén varias lesións de xogadores importantes, perdendo para varias semanas a Yeremay, Barbero e David Mella. Os pobres resultados dos seguintes partidos levaron o equipo a ocupar por primeira vez na súa historia postos de descenso á cuarta categoría do fútbol español e o nivel de xogo do conxunto coruñés tocou fondo na 11ª xornada, cando caeu goleado por 3-0 a mans do Real Unión no Stadium Gal de Irún. A dolorosa derrota provocou unha importante conversa interna entre o corpo técnico e os xogadores, que segundo os propios protagonistas marcou un punto de inflexión na dinámica do equipo. miniatura|Lucas Pérez foi o máximo goleador do Deportivo e capitaneou o equipo trala marcha de Ian Mackay. Tras vencer á SD Logroñés, dous empates ante Tarazona e Osasuna Promesas deixaron na corda frouxa a Idiakez, que afrontou o encontro da 15ª xornada ante o Barça Atlètic con rumores dunha posible destitución se non conseguía un bo resultado. A situación complicouse co gol inicial do filial catalán, pero Villares conseguiu empatar e xa no tempo de desconto, Davo culminou unha remontada que salvou o cargo do adestrador. O xogo do equipo foi mellorando nos seguintes partidos, favorecido pola irrupción dos dous xogadores considerados como as maiores "perlas" da canteira, Mella e Yeremay, e co regreso á senda do gol de Lucas, que non conseguira ver portería nos cinco primeiros meses de competición, e que trala marcha de Mackay no mercado invernal, herdou o brazalete de capitán.

O 14 de xaneiro de 2024, ante a Cultural Leonesa, produciuse a derradeira derrota da tempada do Deportivo, que a continuación encadeou sete vitorias consecutivas, escalando ata un liderado que xa non abandonaría. Con 15 vitorias e 4 empates na segunda volta, o club coruñés proclamouse campión a falta de dúas xornadas, despois de derrotar ao Barça Atlètic nun estadio de Riazor ateigado con 31.833 espectadores, a cifra máis alta da historia da categoría, e con ducias de milleiros de seareiros nos arredores do estadio. Tralo ascenso o equipo disputou a final de campións contra o Castellón, gañando tanto na ida en Riazor como na volta en Castàlia, proclamándose así campión absoluto da categoría.

Material deportivo O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Kappa e o principal patrocinador foi Estrella Galicia.

Persoal

Corpo técnico CargoNomeAdestradorImanol Idiakez2º adestradorMario GibanelAd. de porteirosAlberto CasalPreparador físicoJavi González

Consello de administración CargoNomePresidenteÁlvaro GarcíaSecretarioDavid VillasusoConselleirosÁlex BergantiñosCarlos BallestaMichelle Clemente EscotetVicente Fernández

Última actualización: 3 de agosto de 2023 Fonte: Consello de administración

Mercado de fichaxes

Altas DataPosNomeProcedenciaPrezo30 de xuño de 2023DEF Retu HérculesFin de cesión30 de xuño de 2023DEF Paris Adot Ponferradina50.000 €1 de xullo de 2023POR Germán IbizaLibre10 de xullo de 2023DEF Balenziaga Athletic ClubLibre15 de xullo de 2023DEF Pablo Vázquez FC CartagenaLibre18 de xullo de 2023MED Davo EupenCedido21 de xullo de 2023DIA Barbero Osasuna PromesasLibre21 de xullo de 2023MED José Ángel TenerifeLibre1 de agosto de 2023DEF Ximo Navarro Fortuna SittardLibre22 de agosto de 2023DIA Pablo Valcarce BurgosLibre24 de agosto de 2023DIA Berto Cayarga Radomiak RadomLibre30 de agosto de 2023MED Salva Sevilla AlavésLibre1 de setembro de 2023MED Pablo Muñoz Rayo Vallecano200.000 €1 de setembro de 2023MED Hugo Rama Real OviedoLibre10 de xaneiro de 2024POR Eric Puerto Antequera20.000 €30 de xaneiro de 2024DIA Raúl Alcaina Alcoyano31 de xaneiro de 2024MED Luis Quintero AmorebietaCedido1 de febreiro de 2024DEF Iano Simão FabrilSubido do filial

Baixas DataPos.NomeDestinoPrezo30 de xuño de 2023MED BergantiñosRetiradoFin de contrato30 de xuño de 2023DIA Quiles AlbaceteFin de contrato30 de xuño de 2023DEF Antoñito Recreativo de HuelvaFin de contrato30 de xuño de 2023DEF Lapeña CórdobaFin de contrato30 de xuño de 2023POR Edu Sousa PontevedraFin de contrato30 de xuño de 2023DIA Max Svensson Osasuna PromesasFin de cesión30 de xuño de 2023MED Rubén Díez TenerifeFin de cesión30 de xuño de 2023MED Raúl Carnero ValladolidFin de cesión30 de xuño de 2023DEF Pepe Sánchez GranadaFin de cesión1 de xullo de 2023DIA Kike Saverio Aris SalónicaRescisión de contrato7 de xullo de 2023DEF Lebedenko Vizela14 de xullo de 2023MED Mario Soriano EibarCedido16 de xullo de 2023POR Pablo Brea ArenteiroCedido17 de xullo de 2023MED Olabe IbizaRescisión de contrato23 de xullo de 2023DEF Trilli Barça Atlètic200.000 €7 de agosto de 2023DIA Arturo UCAM MurciaRescisión de contrato11 de agosto de 2023MED Narro LugoRescisión de contrato30 de agosto de 2023MED Kuki Zalazar CórdobaRescisión de contrato31 de agosto de 2023MED Isi Real MurciaRescisión de contrato9 de xaneiro de 2024POR Ian Mackay EldenseRescisión de contrato25 de xaneiro de 2024MED Pablo Muñoz Atlético BalearesCedido1 de febreiro de 2024DEF Retu HérculesRescisión de contrato

Xogadores

Cadro NºPosNacNomeLigaFinalCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px1POREric Puerto102000302DEFIano Simão5020007013MEDMella286212232914DEFPablo Martinez3132120354715DEFDani Barcia120202016046MEDSalva Sevilla181201021117DIALucas311223213516518MEDVillares364202040449DIABarbero231100002311310MEDYeremay2540010264611MEDDavo35721203983112DIARaúl Alcaina1330000133213PORGermán Parreño3000010310214DIABerto Cayarga1600020180115DEFPablo Vázquez3642021405616MEDLuis Quintero4010105017MEDHugo Rama2920010302118DEFBalenziaga3211000331619DEFJaime Sánchez2012010231620MEDJosé Ángel351001036112221DIAPablo Valcarce1522020192422DEFParis Adot2402020280123DEFXimo Navarro2300010240424PORAlberto Sánchez10000010Xogadores do xuvenil e do filialNºPosNacNomeLigaFinalCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px26MEDJairo0000101029DIAOchoa111001012131MEDDiego Gómez1000001032DIAKevin1020114135MEDRubén López17120102014

Xogadores que deixaron o equipo NºPosNacNomeLigaCopaTotalDisciplinaApsGolesApsGolesApsGoles17x17px17x17px17x17px1PORIan Mackay50106013DEFRetu301040116MEDPablo Muñoz201030

Clasificación

PosEquiposPXPGPEPPGFGCDifPtsNotas 1Deportivo da Coruña38221246327 +3678Acenso a Segunda División e Copa do Rei 2Gimnàstic de Tarragona38201084024 +1670Promoción de ascenso a Segunda División e Copa do Rei 3Barça Atlètic38217105941 +1870Promoción de ascenso a Segunda División4Celta Fortuna38198116738 +29655Ponferradina38171383826 +1264Promoción de ascenso a Segunda División e Copa do Rei6Cultural Leonesa38151583526 +9607Unionistas de Salamanca381513104029 +11588Arenteiro381313124340 +3529Real Sociedad B381215114341 +25110Lugo381311143946 −75011Sestao River381112153847 −94512Osasuna Promesas381112154753 −64513Tarazona381014142934 −544 14Fuenlabrada381014143239 −744 15Real Unión381110173553−743 16Sabadell38119182857−1942Descenso a Segunda División RFEF 17Teruel38620122341−1038 18Cornellà38811192544−1435 19SD Logroñés3898212155−2835 20Rayo Majadahonda38515182451−2327

Evolución +Xornada1234567891011121314151617181920212223242526272829303132333435363738Posición11º2º6º7º7º12º14º16º13º11º12º11º10º11º10º10º7º6º6º5º5º5º3º3º2º1º1º1º1º1º1º1º1º1º1º1º1º1º

Partidos

Pretempada e amigables

Primeira División RFEF

Final de Campións

Copa do Rei

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia do Deportivo da Coruña

2023 Categoría:Fútbol en 2023 Categoría:Fútbol en 2024