O termo armadura pode referirse a diversos termos, polo xeral remitindo a estruturas de protección (artificiais ou biolóxicas) ou a estruturas que proporcionan unha determinada forma (en música, construción etc.) que, ás veces, son sinónimos totais ou parciais de armazón:
armadura clave, conxunto de alteracións musicais que dan nome a unha tonalidade; armadura, conxunto de proteccións en forma de pezas coas que se vestían os combatentes para a súa defensa individual durante a loita;
Construción
armadura dun edificio, armazón de madeira que sostén o tellado nalgúns edificios; armadura de aceiro, armadura metálica que atravesa o interior do formigón armado; armaduras ou reforzos doutros materiais de construción, distintos do formigón armado; en lugar de aceiro, pode usarse, por exemplo, fibra de vidro; armadura, armazón ou celosía, estrutura reticular de barras rectas interconectadas en nós que forman triángulos ou retículas planas;
Cultura Armor (traducido nalgunhas linguas Armadura) un personaxe ficticio da serie estadounidense de cómics X-Men ;
Bioloxía
armadura, protección externa ou superficial dos animais contra ataques de depredadores. Véxase por exemplo Armadura dos crocodilos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aceiro Arma Armada Armorial Armórica