A Universidade de Namur (Université de Namur, UNamur, antigamente Facultés Universitaires Notre-Dame de la Paix-FUNDP),New name since September 2012, formerly Facultés Universitaires Notre-Dame de la Paix (FUNDP): Le Vif.be - Les Facultés universitaires Notre-Dame de la Paix deviennent l'Université de Namur en Namur, Bélxica, é unha universidade privada xesuíta, da Comunidade francesa de Bélxica. Tanto a docencia como a investigación realízanse en seis facultades ou escolas de nivel universitario nos ámbitos de:

Filosofía Dereito Ciencias Económicas, Sociais e da Xestión Ciencias da Computación Ciencias Medicina

Xeografía e localización A Universidade de Namur está situada en Namur, Bélxica. O campus principal está situado no corazón da cidade de Namur, capital de Valonia. O campus universitario principal inclúe o edificio universitario, as seis facultades principais e as bibliotecas universitarias.

Historia A Universidade de Namur, foi fundada en 1831 como Collège Philosophique de Bellevue. Converteuse en universidade no ano 1900. Durante o século XX e XXI, continuou a súa expansión.

Antigos alumnos destacados André Antoine, político belga e ministro de Facenda daComunidade francesa de Bélxica Mathias Cormann, político e ministro de Finanzas de Australia Jean-Luc Dehaene, primeiro ministro belga na década de 1990 Catherine Fonck, política belga e ex ministra de Sanidade daComunidade francesa de Bélxica Oly Ilunga Kalenga, ministra de Sanidade da República Democrática do Congo. Koen Lenaerts, xuíz do Tribunal de Xustiza Europeo Philippe Maystadt, ex ministro belga e presidente do Banco Europeo de Investimento 2000-2011 Petra Rudolf, física de estado sólido e expresidenta da Sociedade Europea de Física

Categoría:Universidade de Namur