A púrpura é un conxunto de manchas de cor vermella escura ou púrpura que aparecen na pel, nas mucosas ou nas serosas durante o curso de múltiples enfermidades e se caracterizan por non desapareceren ao exercer presión sobre elas. Aparece con decoloracións que poden ser causadas por hemorraxias subcutáneas. As pequenas manchas chámanse petequias, mentres que as máis grandes poden ser equimoses ou hematomas.

Asóciase habitualmente co tifo, pero tamén pode estar presente coa meninxite ou outras doenzas.

Clasificación Existen varias clasificacións das púrpuras. A púrpura está clasificada na Clasificación Internacional de doenzas CID-10 como d65 e d69, no CID-9 (287) e tamén se pode referenciar na base de datos DiseasesDB co código 25619.

A púrpura é un sinal común e inespecífico, pero o mecanismo que a causa normalmente implica:

Trastornos das plaquetas: púrpura trombocitopénica primaria; Púrpura trombocitopénica secundaria. Trastornos vasculares: Lesións microvasculares, como se observa na púrpura senil (dos anciáns), na que os vasos sanguíneos se lesionan máis facilmente; estados hipertensivos; Vasculite, como no caso da púrpura de Henoch-Schönlein. trastornos da coagulación Coagulación intravascular diseminada (CID).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dermatoloxía Hematoloxía Hemofilia Trombopenia

Categoría:Hematoloxía Categoría:Dermatoloxía Categoría:Síntomas