Oxalis pes-caprae é unha especie de planta herbácea do xénero Oxalis na familia Oxalidaceae.
En Galicia está catalogada como especie invasora.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
Descrición É unha planta herbácea perenne, de até 40 cm de altura, sen talo aéreo, pero con rizoma, ramificado ou non, —con delgadas raiciñas laterais pardento-denegridas— que pode chegar a 20 cm de longo, vertical e esbrancuxado, orixinándose nun bulbo centimétrico ovoide e acuminado, envolto nunha túnica de cor parda. Este bulbo está profundamente enterrado e o rizoma pode levar uns cantos bulbiños máis, tamén centimétricos; no seu ápice están implantadas, nunha roseta basal, as follas trifoliadas, estipuladas (estípulas rectangulares, de ápice ciliado) pecioladas (pecíolo de 3-20 cm, con pelos glandulíferos), con folíolos obcordiformes escotados, de 6-22 por 10-40 mm, con face glabra e marxes e envés máis ou menos pilosos (este último, finamente alveolado) son de cor verde e con ou sen manchas violáceas nas dúas caras. As follas péchanse, por medio dun pulvínulo piloso conformado por aneis móbiles, retraéndose os folíolos cara a abaixo, a pleno sol e quedan abertas só cando escurece algo. A inflorescencia é unha cima umbeliforme de 1-20 flores pentámeras terminais nun pedúnculo glabro de 6-35 cm de longo e os pedicelos da umbela, pilosos, de 1,5-2 cm de longo e con, na base da umbela, brácteas e bractéolas triangulares/lanceoladas apicalmente terminadas por un par de excrecencias de cor alaranxada. As flores teñen sépalos lanceolados, de cor verde, pilosos e con dúas excrecencias tuberculiformes nos seus ápices, mentres os pétalos, en número de 5, aínda que ás veces o dobre, de 12-25 por 10 mm, son glabros ou algo pilosos e de cor amarela dourada. O perianto retráese, enrolándose os pétalos cando ensombrece; ou sexa todo o contrario que as follas. O xineceo ten un ovario pentacarpelar con 5 estilos libres e pilosos, mentres o androceo ten os seus 10 estames con filamentos glabros e anteras amarelas, organizados en 2 verticilos, os do verticilo interno máis longos que os do externo. O froito, cando existe, é unha cápsula oblongocilíndrica curta (5-8 mm) e de ápice agudo, subglabra, con 3-4 sementes milimétricas por lóculo, globosas, agudas e alveoladas de cor parda.Oxalis pes-caprae en Flora Ibérica, vol.9, p.399, CSIC/RJB, Madrid, 2015.Oxalis pes-caprae en Flora of North America, vol.12, n.º17, 2017.Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora, Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España.
Hábitat, distribución xeográfica e propagación É especie ruderal/arvense: medra en cultivos (oliveirais, amendoais, cítricos etc.), canaverais, en chans removidos, algo húmidos desde o nivel do mar até altitudes de 800 m s. n. m., e florece dende setembro até maio. Tamén se cultiva en xardíns, onde, en xeral, non frutifica ou dá froitos vans. Na Península Ibérica, escapou dos xardíns e, entón, como non frutifica, a súa reprodución sería exclusivamente vexetativa, mediante os seus rizomas con bulbiños, de dispersión principalmente antropócora, por medio do transporte de substratos contaminados (residuos de xardinaría, traslado de terras contaminadas etc.).Oxalis pes-caprae en Flora Ibérica, vol.9, p.399, CSIC/RJB, Madrid, 2015.
Aínda que orixinalmente era endémica de Namibia e da rexión do Cabo en Suráfrica, hoxe en día é subcosmopolita, pois aclimatouse en moitas rexións do mundo (frecuentemente con influencia marítima), entre as cales se inclúen a Conca mediterránea, zonas de Europa, oeste de Estados Unidos, México e Australia, entre outras; todas zonas onde é considerada unha maleza invasiva.Oxalis pes-caprae en Flora Ibérica, vol.9, p.399, CSIC/RJB, Madrid, 2015. A presenza de diversas formas da especie —de estilo curto ou de estilo longo— na Península Ibérica e outras rexións onde se introduciu podería indicar orixes e etapas distintas de introdución, desde mediados do século XIX até finais do século XX.Oxalis pes-caprae en Flora of North America, vol.12, n.º17, 2017.Galil, J., Vegetative dispersal in Oxalis cernua, Amer. J. Bot., vol.55, p.787-792, 1968.Ornduff, R., The origin of weediness in Oxalis pes-caprae, Amer. J. Bot., vol.73, p.779-780, 1986.Ornduff, R., Reproductive systems and chromosome races of Oxalis pes-caprae L. and their bearing on the genesis of a noxious weed, Ann. Missouri Bot. Gard., vol. 74, p. 79–84, 1987Putz, N., Vegetative spreading of Oxalis pes-caprae (Oxalidaceae), Pl. Syst. Evol., vol.191, p.57-67, 1994. En España, debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora, Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España.
Taxonomía Oxalis pes-caprae foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum, vol. 1, p. 434, 1753.
Etimoloxía
Oxalis: prestado do latín oxǎlis, -ǐdis, ‘acedeira’, do grego όξαλίς, -ίδος óxalís, óxalídos, co mesmo significado; derivado de όξύς óxýs, ‘agudo’, ‘picante’, aludindo ó sabor agre das follas e o talo. Xa evocado por Plinio o Vello no seu Naturalis Historia (20, 231).Bailly A., Dictionnaire Grec- Français, Hachette, 1935.Gaffiot F., Dictionnaire Latin-Français, Hachette, Paris, 1934. pes-caprae: composto polos vocábulos latinos pēs, pědis (derivado do grego πούς poús, ‘pé’) e caprae, ‘cabra’, ou sexa, ‘pé de cabra’, aludindo probablemente á forma dos folíolos das follas.
Sinonimia
Acetosella cernua (Thunb.) Bolboxalis cernua (Thunb.) Oxalis burmannii Jacq. Oxalis cernua Thunb. Oxalis cernua var. namaquana Sond. Oxalis ehrenbergii Schltdl. Oxalis grandiflora Arechav. Oxalis kuibisensis R Knuth Oxalis lybicaViv. Oxalis mairei R. Knuth ex Engler
Taxons infraespecíficos aceptados
Oxalis pes-caprae f. pleniflora (Lowe) SundingOxalis pes-caprae en The Plant List, vers.1.1, 2013.
Galería
Notas
Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Oxalis Categoría:Plantas invasoras