Julia Lago Fernández-Couto, nada na Coruña en 1994, é unha ilustradora e creadora de banda deseñada galega.
Traxectoria Comezou Economía e seguiu con Belas Artes entre Pontevedra e Granada. Tamén estudou Ilustración e Deseño en Valencia.
A súa primeira publicación de banda deseñada foi da man da Universidade de Vigo. Con Nós seis, gañou o premio Castelao de BD en 2021. Na obra conta a infancia da súa avoa nun internado relixioso nos tempos da ditadura franquista. Segundo a autora:
Traballa na ilustración e leva A Grelería, unha galería de arte dedicada á obra gráfica xunto con Lacongongrelos, ademais de participar na organización do Autobán, o festival de cómic autoeditado.
Obra
Nós seis (2021). Deputación Provincial da Coruña. 64 páxs. ISBN 9788498123906. Universo diverso. Unha viaxe pola galaxia LGBTIQA+ (2026). Texto de Eva Mejuto e Nee Barros. Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-855-3.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo