miniatura|Oído dereito externo e medio abertos desde a parte frontal. A amígdala tubárica está salientada en verde.

A amígdala tubárica ou tonsila tubárica (TA en latín tonsilla tubaria), tamén coñecida como tonsila de Gerlach, é unha masa de tecido linfoide situada a carón da trompa de Eustaquio. É unha das catro amígdalas ou tonsilas da zona farínxea que forman o anel de Waldeyer, que teñen funcións inmunitarias.

Estrutura

Cada unha das amígdalas tubáricas está situada detrás da abertura da trompa de Eustaquio do oído na parede lateral da nasofarinxe. É unha das catro grupos de amígdalas que forman o anel de Waldeyer, o cal está constituído polas dúas amígdalas palatinas, a amígdala farínxea (adenoide), e as amígdalas linguais.

Importancia clínica

A amígdala tubárica pode ser afectada pola amigdalite ou tonsilite. Porén, esta xeralmente afecta só as amígdalas palatinas.

Historia A amígdala tubárica tamén se pode chamar tonsila de Gerlach. Está moi próxima ao torus tubarius (a base da porción cartilaxinosa da trompa de Eustaquio),Michael Tam,"The Pharynx", Medical Student's Retreat-Anatomy Notes, última actualización 30 de marzo de 2006. polo cal ás veces se lle ten chamado tonsila do torus tubarius.English Arabic Dictionary of Medical terms,"tonsil of torus tubarius = tubal tonsil", Almaany.com,2010-2014. Pero non se debe confundir este torus coa tonsila.

Notas

Categoría:Sistema linfático Categoría:Sistema inmunitario