Manuel Rincón Álvarez, nado nas Neves o 12 de outubro de 1917 e finado en Pamplona o 4 de febreiro de 1939, foi un dependente e soldado galego.

Traxectoria Fillo de José Rincón e Leopoldina Vázquez. Dependente de comercio. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era soldado do Rexemento de Artillaría Lixeira nº 15 de Pontevedra, e espantado pola represión dos franquistas, desertou xunto co seu compañeiro Evaristo González Fernández e o cabo Manuel Quinteiro Segade. Colleron un tren, baixaron nas Neves e atravesaron o río Miño. Foron capturados pola policía portuguesa e entregados á Garda Civil en Salvaterra de Miño.

Xulgados por deserción en consello de guerra o 19 de setembro de 1936,El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 7. Manuel e Evaristo foron condenados a cadea perpetua e Manuel Quinteiro, considerado o indutor, a pena de morte.El Diario de Pontevedra, 21-9-1936, p. 2. Estivo preso na illa de San Simón e ingresou na prisión do Forte de San Cristovo de Pamplona o 11 de outubro de 1937. Participou na fuga masiva do 23 de maio de 1938, sendo capturado ao día seguinte e reingresando no Penal. Finou na forte o 4 de febreiro de 1939 a causa dunha lesión pulmonar. Foi soterrado no cemiterio de Berriosuso. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Fondo Documental de la Memoria Histórica de Navarra

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes