En bioquímica, as fosforilases son encimas que catalizan a adición dun grupo fosfato desde un fosfato inorgánico (fosfato + hidróxeno) a un aceptor.

A-B + P A + P-B

Entre eles están encimas alostéricos que catalizan a produción de glicosa 1-fosfato a partir dun glucano como o glicóxeno, amidón ou maltodextrina.

Fosforilase é tamén un nome abreviado que se lle dá ás veces á glicóxeno fosforilase, que foi a primeira fosforilase descuberta, grazas aos traballos de Earl W. Sutherland Jr. a finais da década de 1930. Porén, actualmente coñécense outras fosforilases.

Función

As fosforilases non deberían confundirse coas fosfatases nin coas quinases. En temos xerais, as fosorilases son encimas que catalizan a adición dun grupo fosfato dun fosfato inorgánico (fosfato + hidróxeno) a un aceptor, mentres que as fosfatases (unhas hidrolases) quitan grupos fosfato de moléculas doantes usando auga por medio dunha reacción de hidrólise, e as quinases (unhas fosfotransferases) transfiren un grupo fosfato desde un doante (xeralmente ATP) a un aceptor.

Nome do encimaClase do encimaReacciónNotasFosforilase Transferase(EC 2.4 e EC 2.7.7)A-B + H-OP A-OP + H-B grupo de transferencia = A = grupo glicosilo ou grupo nucleotidiloFosfatase Hidrolase(EC 3)P-B + H-OH P-OH + H-B Quinase Transferase(EC 2.7.1-2.7.4)P-B + H-A P-A + H-B grupo de transferencia = P P = grupo fosfonato, OP = grupo fosfato, H-OP ou P-OH = fosfato inorgánico

Tipos

As fosforilases divídense nas seguintes categorías: Glicosiltransferases (EC 2.4) Encimas que degradan glucanos quitando un residuo de glicosa (rompen enlaces O-glicosídico) glicóxeno fosforilase amidón fosforilase maltodextrina fosforilase Encimas que degradan nucleósidos nas bases e azucres que os constitúen (rompen enlaces N-glicosídicos) Nucleósido púrico fosforilase (PNPase) Nucleotidiltransferases (EC 2.7.7) Encimas que teñen actividade fosforolítica de exorribonuclease 3' a 5' (rompen enlaces fosfodiéster) RNase PH Polinucleótido fosforilase (PNPase)

Todas as fosforilases ata agora coñecidas comparten propiedades cataliticas e estruturais.

Activación

A fosforilase a é a forma R máis activa da glicóxeno fosforilase, que deriva da fosforilación da forma R menos activa, a fosforilase b con AMP asociado. A forma T inactiva pode ser fosforilada por unha fosforilase quinase e inhibida pola glicosa, ou pode ser desfosforilada por unha fosfoproteína fosfatase e inhibida polo ATP e/ou a glicosa 6-fosfato. Para a fosforilación cómpre ATP, pero a desfosforilación libera ións fosfato inorgánicos libres.

Patoloxía Algúns trastornos están relacionados coas fosforilases, como:

Enfermidade de almacenamento do glicóxeno de tipo V - glicóxeno muscular Enfermidade de almacenamento do glicóxeno de tipo VI - glicóxeno hepático.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hidrolase Fosforilación

Ligazóns externas Muscle phosphorylase deficiency - McArdle's Disease Website

Categoría:Transferases