Natalia Millán, nada en Madrid o 27 de novembro de 1969, é unha actriz, bailarina e cantante española.
Traxectoria Empezou a estudar na Escola Universitaria de Artes TAI aos 16 anos, onde recibiu leccións de canto, jazz, interpretación e ballet. Tras especializarse en actuación, traballou un tempo como cantante profesional. Con 18 anos ingresou na Escola de Ballet Nacional Español, onde estudou con Aurora Pons, Juana Taft e Victoria Eugenia. Os anos seguintes seguiu perfeccionando a súa formación clásica e contemporánea con mestres como Carmen Roche (foi alumna desta escola), expresión corporal con Arnold Taraborrelli e Agustín Belús, actuación con Jorge Eines, Antonio Llopis e Luis Olmos e canto na Escola de Música Creativa e na Escola Popular de Música.
Afianzou a súa traxectoria sobre os escenarios españois na Compañía Teatro da Danza con La pasión de Drácula, Al fin...Solos, Hazme de la noche un cuento, de Jorge Márquez, Mata-Hari ou La Reina del Nilo. Na Compañía Nacional de Teatro Clásico interpretou papeis principais nos espectáculos La gran sultana e Fuenteovejuna.
En 1986 traballou no programa de TVE El domingo es nuestro. Interveu en A mi manera, xunto con Jesús Hermida, e participou no programa Inocente, Inocente.
En 1987 colaborou con Luis Eduardo Aute no seu traballo discográfico Templo, cantando a poesía Tengo Sed e como corista en cancións como Idiosincrasia.
Participou como bailarina e cantante dun grupo en 1996 no filme Tu nombre envenena mis sueños de Pilar Miró e posteriormente na serie de televisión El súper como Julia Ponce. Amais, interpretaba as sintonías inicial e final da serie, incluídas nun CD que se publicou no verán de 1997.
A metade da terceira tempada de El Súper protagonizou o espectáculo La última aventura. Actuou en cidades como Murcia, A Coruña, Bilbao, Valencia e Madrid.
En 2001 actuou no espectáculo de Fernando Arrabal El cementerio de automóviles xunto a Juan Gea, Carmen Belloch e Alberto Delgado, e en La Música de Jorge Eines, xunto a Jesús Noguero.
Despois do grande éxito de El Súper foi contratada para a serie de Antena 3 Policías, en el corazón de la calle, na que interpretou á inspectora Lola Ruiz, e Un paso adelante na que deu vida á profesora de ballet Adela Ramos.
En 2003 ofrecéronlle por primeira vez un papel protagonista no filme Nubes de Verano, que se estreou en abril de 2004. Ese ano deixou Un Paso Adelante para volver ao teatro como Sally Bowles no musical Cabaret. Dous anos despois participou no filme Regreso a Moira de Mateo Gil, que formaba parte da serie Películas para no dormir.
En 2006, ao final das tres tempadas de Cabaret no Nuevo Teatro Alcalá de Madrid, foi contratada para o filme Mi último verano con Marian. Dirixido por Vicente Monsonís, foi emitido en agosto de 2007 na cadea catalá TV3.
Entre 2007 e 2010 interpretou a Elsa na serie de televisión El internado, de Antena 3.
A principios de 2008 participou como xurado no programa de Cuatro Tienes talento, versión española do inglés Britain's Got Talent.
En maio dese ano estreouse a obra El mercader de Venecia, na que interpreta a Porcia. Baixo a dirección do irlandés Denis Rafter, coincidiu con actores como Fernando Conde, fundador da compañía Darek Teatro, e Juan Gea.
Participou no filme Sangre de mayo (2008), dirixida por José Luis Garci, que conmemorou o bicentenario da Guerra da Independencia Española. Interpretou o papel de Anastasia.
En 2009 púxose á fronte do musical Chicago. O ano seguinte protagonizou unha nova versión da obra de Miguel Delibes Cinco horas con Mario.
En 2011 interveu na serie de Televisión Española Amar en tiempos revueltos.
O 10 de febreiro de 2013 Telecinco anunciou que Natalia Millán participaría no programa Mira quién salta!. O 19 de marzo fichou como personaxe episódica pola serie Dreamland School, de Cuatro. Tamén se incorporou ao elenco de Velvet como Gloria, a madrasta de Miguel Ángel Silvestre.
En marzo de 2014 anunciouse a súa colaboración como presentadora xunto a Sandra Barneda ou Beatriz Montañez, entre outras, no programa de madrugada de Telecinco Hable con ellas. Deixou o programa a finais do xuño seguinte.
En novembro de 2015 estreou a serie xuvenil Yo Quisiera en Divinity, onde interpreta a Isabel, a nai de Lana. Participou na primeira tempada de El Ministerio del Tiempo como Lola Mendieta.
En 2017 fichou por Secretos de Estado, de Telecinco, xunto con Miryam Gallego, Jesús Castro e Miquel Fernández. Dende outubro dese ano protagonizou no Teatro Nuevo Alcalá a obra musical Billy Elliot.
En 2020 interpretou o papel de Rosa no filme Explota Explota, unha comedia musical cos éxitos de Raffaella Carrà, dirixido por Nacho Álvarez.
En 2022 interpretou a Violette Morhange en Los Chicos del Coro, versión de Pedro Víllora baseada no filme homónimo de 2004.
Filmografía Longametraxes AnoTítuloPersonaxeDirectorXéneroDuración1982El cepoExtraFrancisco Rodríguez GordilloTerror1h 26m1984Fiebre de danzaMullerManuel MateosComedia musical1h 31m1988No hagas planes con MargaÁngelaRafael AlcázarDrama1h 31m1996Tu nombre envenena mis sueñosNataliaPilar MiróDrama romántico2h 02m2003Atraco a las 3... y mediaEloísaRaúl MarchandComedia1h 32m2004Nubes de veranoAnaFelipe VegaDrama1h 44m2008Sangre de mayoAnastasiaJosé Luis GarciDrama2h 32m2020Explota ExplotaRosaNacho ÁlvarezComedia romántica1h 56m
Curtametraxes AnoTítuloPersonaxeDirectorXéneroDuración1997El tiempo perdidoNataliaNorberto López AmadoDrama15m2013El paraguas de coloresElaEduardo CardosoDrama8m
Series AnoTítuloCadeaPersonaxeNotas1996 - 1999El SúperTelecincoJulia PonceElenco principal; 978 episodios2000El comisarioInspectora Miranda Miranda2 episodios2000 - 2001Policías, en el corazón de la calleAntena 3Lola RuizElenco principal; 16 episodios2001AntivicioAntena 3Invitada; 1 episodio7 vidasTelecincoElena DíazInvitada; 1 episodioAgente 700La 1Anastasia KudepiefInvitada; 1 episodio2002 - 2003Un paso adelanteAntena 3Adela RamosElenco principal; 44 episodios2003SalvajeLa 1IsabelTelefilme2006Regreso a MoiraTelecincoMoira2007Mi último verano con MariánTV3Andrea2007 - 2010El internadoAntena 3Elsa Fernández CamposElenco principal; 70 episodios2011Los QuiénElisa AlarciaInvitada; 1 episodio2011 - 2012Amar en tiempos revueltosLa 1Angelica «Angy» ValdésElenco principal; 176 episodios2014 - 2015VelvetAntena 3Gloria CamposElenco principal; 22 episodios2014DreamlandCuatroDaniellaElenco principal; 8 episodios2015 - 2017El Ministerio del TiempoLa 1Dolores «Lola» MendietaElenco recurrente; 9 episodios2015 - 2018Yo quisieraDivinityIsabel Madero MontesinosElenco principal; 88 episodios2019Secretos de EstadoTelecincoMarisaElenco recurrente; 12 episodios2020 - 2021Cuéntame cómo pasóLa 1Catalina «Cata» MariniElenco recurrente; 16 episodios2021 - 2023ValeriaNetflixMadre de VíctorInvitada; 2 episodios2023UPA NextAtresplayer PremiumAdela RamosInvitada; 1 episodio
Programas AnoTítuloCadeaNotas2006Empieza el espectáculoLa 1Membro do xurado2008Tienes talentoCuatro2013¡Mira quién salta!TelecincoConcursante2014Hable con ellasPresentadora2016Tu cara me suenaAntena 3Invitada como Rita Hayworth (Gilda)2017El gran reto musicalTVEInvitada2019MasterChef Celebrity2020Typical Spanish2022<i id="mwAiI">Mapi</i>
Teatro AnoTítuloPersonaxeNotas1982My Fair LadyBailarinaPapel menor1984Jesucristo SuperstarMoza1989Frank VBailarina1990 - 1991La pasión de DráculaMollyPapel secundario1991Hazme de la noche un cuentoMoza de brancoPapel menor1992La gran sultanaBailarina1992 - 1993Al fin solosMadre AmparoPapel secundario1993FuenteovejunaJacinta1999La última aventuraSisiPapel principal2001La músicaAnne Marie Roche2003 - 2006Cabaret Sally Bowles2008 - 2009El mercader de VeneciaPorcia2009 - 2010ChicagoVelma Kelly2010 - 2014Cinco horas con MarioCarmen Sotillo2012AnfitriónAlcmena2013 - 2016¿Hacemos un trío?Natalia2014 - 2015Donde hay agravios no hay celosDoña Ana de Alvarado2015 - 2016La viuda alegreHanna Glawari2015 - 2016Windermere ClubSeñora Nadir2016 - 2017La mentiraAlicia2017 - 2018Billy ElliotMrs. Wilkinson2019 - 2020ClitemnestraClitemnestra2021El mensajeLucía2022Los chicos del coroViolette Morhange
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Actores de teatro musical de España Categoría:Nados en 1969 Categoría:Actores de televisión de España