A matanza da estrada Málaga-Almería, tamén coñecida como masacre da estrada Málaga-Almería ou Desbandá (La Desbandá), foi un dos episodios máis tráxicos da Guerra civil española. Ocorreu o 8 de febreiro de 1937, cando as tropas franquistas avanzaron sobre a cidade republicana de Málaga.

Ante o avance das forzas fascistas e nacionalistas e o temor a represalias, estímase que entre 5.000 e 15.000 civís, incluíndo mulleres e nenos, tentaron abandonar a cidade en masa, asediada pola estrada costeira N-340 que conecta Málaga coa cidade de Almería.

Durante a súa marcha, os civís refuxiados foron bombardeados e metrallados desde o aire pola aviación nazi, perseguidos por terra polas unidades italianas de Mussolini, aliados de Franco, e tamén desde o mar, nun claro intento de causar terror entre a poboación civil.

Fondo O 12 de abril de 1931 España celebrou as súas primeiras eleccións democráticas desde a ditadura de Miguel Primo de Rivera. As eleccións deron lugar á formación da II República Española. Rapidamente, apareceu unha profunda división entre as ideoloxías políticas dominantes na época. Esta tensión culminou cun golpe de estado o 18 de xullo de 1936 polas forzas nacionalistas (o bando nacional, formado por monárquicos, falanxistas, fascistas, conservadores e dereitistas de distintos tipos, foi logo coñecido como franquista debido ao liderado do xeneral Franco) apoiadas polo fascismo italiano e o nazismo alemán, que viron a guerra como unha oportunidade para expandir a súa influencia e ensaiar as súas tácticas militares.

Algunhas partes do Estado, como Galiza, ficaron rapidamente baixo o control dos caciques e militares que apoiaban o bando nacional-fascista, mentres outras lograron resistir máis tempo. A resistencia ao golpe en varias rexións do país marcou o inicio da Guerra civil española. Ademais de Sevilla, a rexión sur de Andalucía foi principalmente un bastión republicano durante a guerra. Málaga, cidade republicana da costa sur de Andalucía, foi pronto obxectivo das forzas nacionalistas. En xaneiro de 1937, as forzas nacionalistas fascistas dirixidas por Queipo de Llano foran enviadas para apoderarse de Granada, Marbella, Ronda e arredores. A forza nacionalista-fascista superou en gran medida ao exército leal á República en Málaga. As forzas nacionalistas estaban formadas por soldados franquistas españois, preto de 10.000 camisas negras italianas, nazis alemáns e mesmo tropas das cidades de Ceuta, Melilla, Canarias e Baleares. Mentres tanto, só 12.000 soldados republicanos estaban preparados para defender Málaga dispoñendo dalgúns canóns, porén o bando nacional tamén contaba con superioridade de material bélico.

Ataque en Málaga miniatura|Cruceiro lixeiro Almirante Cervera, participante na matanza. O 3 de febreiro de 1937, as forzas nacionalistas aproximáronse a Málaga, atopando resistencia republicana. A pesar dos esforzos defensivos, os republicanos foron superados. O asedio de Málaga intensificouse cando unidades italianas do Corpo Truppe Volontarie lanzaron un ataque desde as terras altas circundantes o 6 de febreiro, provocando a evacuación de numerosos civís. O 8 de febreiro, Málaga caeu nas mans das forzas nacionalistas tras ser atacada por terra, aire e mar. As tropas nacionalistas penetraron na cidade con apoio blindado, ao tempo que a Lexión Cóndor alemá e unidades aéreas italianas bombardeaban desde o aire.

Pola súa situación xeográfica ao longo da costa sur do mar Mediterráneo e os seus límites montañosos e interiores (a Serra Morena e o Sistema Bético) Málaga presentaba serias limitacións en canto a medios de transporte e evacuación. Iso deixou a milleiros de cidadáns de Málaga indefensos ante os ataques das forzas nacionalistas, e o 8 de febreiro miles de civís, entre 15.000 e 50.000, maiormente anciáns, mulleres e nenos, fuxiron cara á cidade de Almería a case ao leste pola estrada principal da costa, a estrada N-340. Durante a retirada, foron bombardeados desde o mar por varios buques nacionalistas, incluídos o Canarias, o Almirante Cervera e o Baleares tornando a estrada nun verdadeiro corredor da morte. Os civís frenéticos que viaxaban desprotexidos pola estrada foron masacrados e a Forza Aérea Republicana non puido deter os ataques. Consecuencias Após a caída de Málaga, miles de civís morreron, as cifras máis aceptadas son entre 3.000 a 5.000; porén, algúns historiadores ofrecen cifras máis altas. Moitas vítimas, incluíndo nais e nenos, caeron no camiño debido aos ataques e ás difíciles condicións da retirada. Os anciáns, feridos e aqueles incapaces de continuar tamén foron vítimas desta tráxica marcha. Pola súa banda, os que chegaban a Almería atopaban unha recepción mixta, coa comprensible tensión e medo da poboación local. Aqueles que decidiron quedarse en Málaga sufriron a represión das forzas vencedoras, cun número estimado de 4.000 persoas asasinadas e enterradas en fosas comúns, como a do cemiterio de San Rafael. Memoria miniatura| Homenaxe ás vítimas na estrada da praia de Peñón del Cuervo o 15 de febreiro de 2015.

En 2005 iniciouse un acto conmemorativo en Torre del Mar (aproximadamente a medio camiño entre Málaga e Almería) para honrar ás vítimas do masacre. Desde entón, converteuse nunha tradición crear unha coroa de flores para as vítimas cada 7 de febreiro.

Anselmo Vilar

Anselmo Antonio Vilar García, nado en Castro de Rei, foi un fareiro galego destinado en Torre del Mar. A súa actuación na Guerra Civil, apagando a luz do faro durante dúas noites, salvou a vida de civís metrallados que fuxían de Málaga cara Almería, polas tropas franquistas. A súa historia foi rescatada polo xornalista de Vélez-Málaga Jesús Hurtado. En 2017 propúxose homenaxear a Anselmo Vilar, e súa historia foi contada na ruta sendeirista de La Desbandá.

Véxase tamén

Bibliografía Billett, Geoff. "Geoffreybillett : Photography." Geoffrey Billett Documentary Photography. Np, 24 de setembro de 2011. Hernández, Javier. Publicación do blog, 28 de xaneiro de 2010. Muñoz, Pedro M., Marcelino C. Marcos. “La estructura del Estado y la vida política”. España: Ayer y Hoy. Upper Saddle River, NJ: Pearson / Prentice Hall, 2010. 204–223. Outros artigos Represión franquista Masacre de Badaxoz Ligazóns externas Billett, Geoff (2011). "San Rafael Cemetery Malaga" .

Categoría:Masacres en 1937 Categoría:Guerra civil española