Perry Dozier Jr., nado o 25 de outubro de 1996 en Columbia, Carolina do Sur, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Partizan Mozzart Bet serbio. Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de base e escolta.

Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2017, Dozier asinou cos Los Angeles Lakers para xogar a Liga de Verán da NBA de 2017. O 8 de agosto de 2017, asinou cos Dallas Mavericks, pero foi cortado o 14 de outubro de 2017, dous días antes de asinar cos Oklahoma City Thunder un contrato para xogar nos Thunder e no seu afiliado da NBA G League, os Oklahoma City Blue. Dozier debutou na NBA o 8 de febreiro de 2018 contra os Los Angeles Lakers.

O 21 de agosto de 2018, Dozier asinou cos Boston Celtics.

O 13 de agosto de 2019, Dozier asinou un contrato dun ano cos Denver Nuggets.

O 19 de xaneiro de 2022, os Nuggets traspasaron a Dozier ós Boston Celtics, nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os San Antonio Spurs. O 10 de febreiro de 2022, os Celtics traspasaron a Dozier sen que chegase a debutar, desta vez ós Orlando Magic. Tras o traspaso, Dozier foi cortado polos Magic.

O 12 de agosto de 2023, Dozier asinou un contrato dun ano co KK Partizan serbio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Columbia, Carolina do Sur‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do KK Partizan