Sterling Damarco Brown, nado o 10 de febreiro de 1995 en Maywood, Illinois, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Alba Berlín da Basketball Bundesliga. Con 1,96 metros de estatura xoga nas posicións de ala e escolta.
Traxectoria profesional Brown foi seleccionado na 46ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Philadelphia 76ers. O 6 de xullo de 2017, os 76ers traspasaron os seus dereitos do Draft ós Milwaukee Bucks. Brown debutou na NBA o 20 de outubro de 2017 contra os Cleveland Cavaliers, facendo tres puntos en seis minutos de xogo.
O 26 de novembro de 2020, Brown asinou cos Houston Rockets.
O 10 de agosto de 2021, Brown asinou cos Dallas Mavericks. Debutou cos Mavericks o 21 de outubro de 2021, facendo tres puntos na derrota dos Mavericks por 87–113 contra os Atlanta Hawks.
O 24 de xuño de 2022, os Mavericks traspasaron a Brown xunto a Boban Marjanović, Trey Burke, Marquese Chriss e os dereitos do Draft de Wendell Moore Jr. ós Houston Rockets, a cambio de Christian Wood. O 30 de setembro de 2022, os Mavericks traspasaron de novo a Brown, xunto a David Nwaba, Trey Burke e Marquese Chriss ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Derrick Favors, Ty Jerome, Maurice Harkless, Théo Maledon e unha futura elección da segunda rolda do Draft. O 2 de outubro de 2022, os Thunder cortaron a Brown.
O 6 de xaneiro de 2023, Brown asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Lakers, e participou en catro partidos cos Lakers antes do remate do seu contrato e asinar cos Raptors 905 da NBA G League.
O 14 de agosto de 2023, Brown asinou co Alba Berlín da Basketball Bundesliga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados no condado de Cook, Illinois Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do ALBA Berlin