Axel Toupane, nado o 23 de xullo de 1992 en Mulhouse, é un xogador profesional francés de baloncesto que xoga no Metropolitans 92 da LNB Pro A. Con 2,01 metros de estatura xoga nas posicións de escolta e ala.

Traxectoria profesional O 3 de marzo de 2016, Toupane asinou un contrato de dez días cos Denver Nuggets tras acadar 14.6 puntos, 5.6 rebotes, 3.6 asistencias e un roubo por encontro en 32 partidos xogados na NBA G League. O día seguinte debutou na NBA na derrota dos Nuggets por 121–120 contra os Brooklyn Nets, facendo un rebote en cinco minutos de xogo. O 14 de marzo de 2016, asinou un segundo contrato de dez días cos Nuggets, e o 25 de marzo de 2016 asinou un contrato por varios anos cos Nuggets. O 15 de outubro de 2016, Toupane foi cortado polos Nuggets.

O 25 de febreiro de 2017, Toupane asinou un contrato de dez días cos Milwaukee Bucks. O 4 de marzo de 2017, foi cortado polos Bucks.

O 10 de abril de 2017, Toupane asinou cos New Orleans Pelicans para o remate da tempada 2016-17. O 25 de xullo de 2017, foi cortado polos Pelicans.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en BasketballReference.com Perfil en Eurobasket.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados no departamento do Alto Rin‎ Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Francia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores do Strasbourg IG Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do Paris Basketball Categoría:Xogadores do Paris-Levallois Basket