No ámbito da programación, TODO (do inglés to do, é dicir, "por facer") é unha etiqueta utilizada para indicar que hai unha tarefa pendente de realizarsehttps://www.cs.cornell.edu/courses/JavaAndDS/eclipse/Ecl05TODO.html. Xeralmente, utilízase nos comentarios en liña no propio código fonte, con vistas a salientar un aspecto que debe implementarse no futuro. Uso

Un exemplo do uso desta etiqueta sería o seguiente: O método setToolTipText queda bosquexado, e o comentario TODO indica que está pendente de rematarse e ser implementado. É habitual, coma neste caso, que ademais da tarefa que debe realizarse se engada información adicional sobre como debe levarse a cabo, a razón pola que non se realizou no momento en que se escribiu o comentario, etc.

public void setToolTipText(String text) { //TODO: Implementar este método de modo que se lea o valor adecuado dende base de datos }

Ou tamén:

public double calcularTaxaImpositiva(double porcentaxeImpositivo) { //TODO: Controlar que a taxa impositiva sexa a correcta para cada tipo de pagador }

O uso excesivo (ou o mero uso dos mesmos) de comentarios TODO é considerado por algúns autores unha forma de fomentar a débeda técnica https://gillesleblanc.wordpress.com/2016/02/18/todo-comments-best-practices/

Referencias

Categoría:Terminoloxía informática