A ponte da Illa de Arousa é unha ponte de trabe de caixa que conecta a Arousa e a costa da comarca do Salnés. Foi inaugurada o 14 de setembro de 1985, sendo daquela unha das obras máis destacadas da enxeñaría civil na súa época. Proxectouse unha reforma en 2007.

Historia A necesidade dunha ponte foi reivindicada durante moitos anos pola veciñanza. En 1952 estableceuse unha comisión veciñal demandando non só a edificación da ponte, senón tamén a electricidade en condicións e o recoñecemento como concello propio.

En 1979 a comunidade organizou a Festa Pro Ponte para reivindicar a construción da infraestrutura. O logotipo do evento, reproducido nun mural e en bolsas de tea e camisetas, representaba unha ponte atirantada. A construción da ponte orzamentouse en 1500 millóns de pesetas. Ao completarse a ponte, coa súa lonxitude de 1980-2000 metros, foi a máis longa de Galiza e unha das maiores de España. Características

A ponte une a Illa de Arousa coa costa e é a única entrada por terra á Arousa. É un termo común na fala e en varias placas informativas designar a terra ao leste da ponte como o Continente.

No momento da inauguración a illa de Arousa pertencía ao concello de Vilanova de Arousa. A metade da infraestrutura corresponde hoxe ao concello da Illa de Arousa e a outra metade a Vilanova. O alumeado da ponte foi obxecto de polémica en varias ocasións, xa que o concello de Vilanova mantiña as luces apagadas ao considerar que non era responsábel da infraestrutura. A estrutura ten unha trabe continua composta por 38 vaos de cincuenta metros de luz cada un e outros dous vaos nos extremos de corenta metros. A ponte foi deseñada en forma de curva, sendo o seu raio de 2,5 km. A altura dos elementos verticais que sosteñen a estrutura varía entre 3,5 e 12 metros. Un elemento fundamental na construción son os pilotes, encargados de soportar o peso da estrutura. Estes pilotes alcanzan profundidades de até 40 metros. Aínda que o calado da Ría de Arousa nesa zona é moito menor, coas prospeccións houbo que salvar uns achados de correntes subterráneas de auga doce. Reparación miniatura|Ponte desde a praia do Vao, na illa de Arousa. miniatura|Ponte da illa de Arousa desde O Terrón, Vilanova. Ao longo dos anos, houbo diversas melloras na ponte. Unha das reformas máis notables foi en 2011, cando se introduciu iluminación propia na estrutura. As reparacións proxectadas para a ponte aseguraran que comece "desde cero" en termos de durabilidade e capacidade de carga, é dicir, uns 50 anos máis dentro dun sistema de inspección e mantemento que permita observar o comportamento da estrutura. Interviuse para inxectar na trabe caixón e saneamento dos metais corroídos na parte inferior do caixón, zona de pilastras, estribos e pasarelas contiguas, reparáronse estas zonas antes da introdución de ánodos de sacrificio para evitar a corrosión futura, coa instalación dunha malla de cinc e un morteiro no espazo entre a cara e un molde de fibra de vidro, pintáronse as caras externas da ponte con pintura impermeable baseada en cloruro, que permite a drenaxe de vapores internos de auga, mellorando a resistencia do formigón e pintouse o interior da trabe caixón.

Véxase tamén

Outros artigos Ponte Ponte de trabes de caixa A Arousa A Illa de Arousa

Ligazóns externas

Video de construción da ponte da Illa de Arousa. Ferrovial 1985 - YouTube

Categoría:A Illa de Arousa Categoría:Vilanova de Arousa Illa de Arousa