Un tlapitzalli é un instrumento musical de vento coñecido polas culturas de Mesoamérica (inclúe partes de México, Guatemala, Belize etc.), particularmente os aztecas. Adoita ter forma de frauta, pero tamén poden ser máis anchas como as ocarinas.

Está feito xeralmente de barro ou madeira, decorado con motivos naturais ou debuxos de divindades aztecas. Os tlapitzalli poderían dividirse en compartimentos, xa que se atopou un tlapitzalli con até catro cámaras. Ademais, "tlapitzalli" era unha forma de chamar ao caracol que se usaba como corneta nas cerimonias e batallas mexicas.

Hoxe segue usándose no Estado de México.

Uso O tlapitzalli era un instrumento común nas orquestras mexicas, ademais de ser usado para sinalar o inicio dunha batalla.

Véxase tamén

Outros artigos Instrumento de vento Instrumento de vento-madeira Instrumento de vento-metal Música de México Ocarina Tzililitli

Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20160622181427/http://www.tlapitzalli.com/rvelaz.geo/spanish.html

Categoría:Aztecas