A Historia Tolteca-Chichimeca é un manuscrito en lingua náhuatl do século XVI, que trata sobre a historia de Cuauhtinchan. É posterior a Hernán Cortés, e conta a historia e orixe mítica das tribos "nahuatlaca", escrito polo pobo de Cuauhtinchan (de ascendencia chichimeca) para manter o seu dereito ás súas terras, baixo as autoridades coloniais. Escribiron a súa historia até o 1544, utilizando unha mestura de estilos europeo e prehispánico. Na imaxe, Chicomoztoc - o lugar das sete covas. Actualmente atópase na Bibliothèque nationale de París.
Descrición O texto describe a historia dos toltecas e dos chichimecas desde antes da migración chichimeca até o val do Anáhuac en 1544, así como as historias dos toltecas e a súa influencia na rexión. Está escrito en náhuatl e inclúe tanto imaxes como texto.
O códice axuda a entender a visión que tiñan os pobos indíxenas da época sobre a súa propia historia, así como as relacións entre os diferentes grupos étnicos do centro de México.
Cabe destacar que, como outros códices da época, a "Historia Tolteca-Chichimeca" é unha combinación de tradición oral, historia e mitoloxía. A interpretación dos símbolos e imaxes require un coñecemento profundo da cultura e da linguaxe náhuatl.
Foi escrito en papel europeo entre 1547 e 1560. En 1976 Kirchhoff, Lina Odena Güemes e Luis Reyes García publicaron unha lista completa de fotografías do libro, acompañadas de tradución e interpretación.
Autoría A 'Historia...''' é anónima. Non foi escrito por Fernando de Alva Ixtlilxóchitl, quen escribiu o códice de título similar Historia de la nación chichimeca,'' que tamén mostra rituais e instrumentos musicais indíxenas, como o chililitli mencionado neste fragmento:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Un estudo académico en castelán Edición de 1976 da Historia Tolteca-Chichimeca
Categoría:Documentos conservados na Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Códices Categoría:Literatura en lingua náhuatl