Paris Alejandro Adot Barandiaran, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1990, é un futbolista español que xoga de defensa no Algeciras, da Primeira Federación
Traxectoria Formado nas categorías inferiores da SD Lagunak, debutou co primeiro equipo deste club na tempada 2009/10, en Rexional Preferente. Na tempada 2010/11 fichou polo Cádiz para xogar co seu filial, o Cádiz B, na Terceira División. A continuación volveu a Navarra e pasou polo Mutilvera, o Izarra e o Osasuna Promesas.
Na tempada 2015/16 xogou no Tudelano, co que disputou 40 partidos, todos eles como titular, e marcou cinco goles. Xogou a promoción de ascenso a Segunda, caendo diante do Hércules. En xullo de 2016 asinou co Real Murcia, onde xogou media tempada ata que en xaneiro de 2017 rescindiu o seu contrato e fichou polo Sabadell.
En xuño de 2017 fichou polo Mirandés, do Grupo II da Segunda División B. Titular indiscutible durante os seguintes dous anos, proclamouse campión do seu grupo na súa primeira campaña, con con Pablo Alfaro como adestrador, pero non puido ascender, ao caer na promoción. Si o conseguiu na seguinte campaña, con Borja Jiménez no banco, proclamándose tamén campión da Copa Federación.
Tras lograr o ascenso deixou Miranda de Ebro e aceptou a oferta do Alcorcón, co que debutou na Segunda División. Disputou 27 partidos co equipo da Comunidade de Madrid, co que obtivo o décimo posto na liga. En 2020 rescindiu o seu contrato e fichou pola Ponferradina, da mesma categoría. Militou durante os seguintes tres anos no club do Bierzo, xogando un total de 108 partidos oficiais, case todos como titular. Na súa terceira campaña o equipo descendeu á Primeira División RFEF.
En xuño fichou polo Deportivo da Coruña, que pagou a súa cláusula de rescisión. Comezou o campionato da Primeira Federación alternando no lateral dereito con Ximo Navarro e afianzouse como titular grazas aos continuos problemas físicos deste. Con todo, lonxe de cumprir as expectativas, trala recuperación de Ximo quedou relegado á suplencia e completou a campaña cun total de 28 encontros, 20 deles saíndo dende o inicio. O equipo proclamouse campión da categoría e logrou o ascenso á Segunda División.
Ao remate da tempada, o Deportivo rescindiu o seu contrato e en agosto de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Algeciras.
Palmarés Mirandés Segunda División B (1): 2017/18. Copa Federación (1): 2018/19.
Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe Copa Federación, partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda División B e final de campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesSD Lagunak2009/10Rexional Preferente?? - - - -??Cádiz B2010/11Terceira313 - - - -313Mutilvera2011/12Terceira?? - -202+0+Izarra2012/13Segunda B342 - - - -342Osasuna Promesas2013/14Terceira320 - -20340Izarra2014/15Terceira3333051414Total club6753051756Tudelano2015/16Segunda B3652020405Murcia2016/17Segunda B12010 - -130Sabadell2016/17Segunda B101 - - - -101Mirandés2017/18Segunda B37020404302018/19Segunda B363 - -81424Total club73320101854Alcorcón2019/20Segunda26010 - -270Ponferradina2020/21Segunda33210 - -3422021/22Segunda B34130 - -3712022/231ª RFEF 36 0 10 - - 370Total club 103 3 500 0 1083Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF2402020280Algeciras2024/251ª RFEF36100 - -3612025/261ª RFEF12000 - -120Total club4810000481Total carreira 462+ 21+ 16023 2 511+23+
Notas
Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Nados en 1990 Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Cádiz CF B Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Algeciras CF