Germán Parreño Boix, coñecido simplemente como Germán, nado en Elx o 16 de febreiro de 1993, é un futbolista español que xoga como porteiro no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Formouse nas canteiras do Elche e do Espanyol e na tempada 2012/13 debutou co Espanyol B na Segunda División B. Foi o gardameta titular na maioría de partidos da campaña e ao remate da competición foi subido ao primeiro equipo. O 8 de decembro de 2013 debutou co primeiro equipo nos oitavos de final da Copa do Rei diante do Real Jaén.

O 6 de abril de 2014 disputou o seu único partido na Primeira División, substituíndo ao sancionado Kiko Casilla nunha derrota por 4-1 ante o Sevilla. En xaneiro do ano seguinte foi cedido ao Racing de Santander ata xuño. Para a tempada 2015/16 foi cedido ao Girona, tamén de Segunda, onde foi suplente de Isaac Becerra, chegando a xogar só un partido de Copa do Rei.

No verán de 2016 desvencellouse do Espanyol e regresou ao seu primeiro club, o Elche, co que só disputou catro partidos, sendo Juan Carlos o gardameta titular. Na seguinte campaña baixou unha categoría para xogar co UCAM Murcia na Segunda División B. Alí recuperou a titularidade ata que en decembro sufriu unha lesión de menisco que o afastou dos terreos de xogo durante meses. Na tempada 2018/19 foi o gardameta máis utilizado polo técnico Pedro Munitis, e pechou o seu paso por Murcia cun total de 49 encontros oficiais.

En 2019 fichou polo Ibiza, da mesma categoría, no que xogou durante os seguintes catro anos, logrando no segundo deles o ascenso á Segunda División, o primeiro da historia do club. Na campaña de debut do Ibiza na categoría de prata, Germán foi o gardameta titular máis habitual, pero a chegada do brasileiro Daniel Fuzato na seguinte, relegouno ao banco de suplentes.

En xullo de 2023 foi anunciado como novo porteiro do Deportivo da Coruña na Primeira Federación. Aínda que xerou algunhas dúbidas no inicio da tempada, acabou gañando seguridade e converteuse nun titular indiscutible para o adestrador Imanol Idiakez. As súas boas actuacións contribuíron ao éxito global do equipo, que se proclamou campión absoluto da categoría e ascendeu á Segunda División. Na tempada 2024/25 a chegada de Helton Leite complicou a súa situación, e aínda que xogou nas dúas primeiras xornadas, o brasileiro fíxose coa titularidade a partir da terceira e ata que o equipo conseguiu o obxectivo da permanencia, momento no que Parreño volveu ter minutos de xogo.

Comezou a tempada 2025/26 como titular, disputando as primeiras 19 xornadas de liga a un bo nivel. Con todo, a chegada de Álvaro Ferllo no mercado invernal relegouno á suplencia, da que só saíu na derradeira xornada ante a UD Las Palmas, co ascenso á Primeira División xa asegurado. Ao remate da tempada, o club renovou o seu contrato por dous anos máis.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesEspanyol B2012/13Segunda B240----240Espanyol2013/14Primeira1020--302014/15Primeira0000--00Total club10200030Racing de Santander2014/15Segunda7000--70Girona2015/16Segunda0010--10Elche2016/17Segunda2020--40UCAM Murcia2017/18Segunda B19000--1902018/19Segunda B28020--300Total club4702000490Ibiza2019/20Segunda B15030101902020/21Segunda B22030202702021/22Segunda32000--3202022/23Segunda5020--70Total club7408030850Deportivo da Coruña2023/24Primeira RFEF31010--3202024/25Segunda5010--602025/26Segunda20010--210Total club5603000590Total carreira2110180302320

Palmarés Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Germán Parreño en BDFutbol

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Elx Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do UCAM Murcia Categoría:Xogadores da UD Ibiza-Eivissa Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña