Villarino, tamén escrito Vilarino, Vilariño, Villariño e Vilarinho é un bar no Río de Xaneiro coñecido por ser o lugar onde Tom Jobim e Vinícius de Moraes se reuniron para organizar as músicas da obra Orfeu da Conceição. O bar tamén era frecuentado por outros músicos da época.

O bar é un local pequeno, ao fondo dun establecemento de importacións. Conserva a decoración dos anos en que se reunían alí os músicos da MPB, con mesas de tapa de mármore, cadeiras de madeira e tapicería vermella, e nas paredes hai fotos de Vinícius, Tom Jobim e outros músicos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Cámara Brasileira de Jóvenes Escritores - Nacemento, con João Gilberto, "apartment carpet music" Google books - Á mesa do Vilariño - libro de Fernando Lobo O Villarino - Onde todo comezou Categoría:Bossa novas Categoría:Música do Brasil Categoría:Empresas do Brasil Categoría:Artigos sen imaxes