Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real. miniatura|Moeda de 2 reais ecuatorianos de 1838.|236x236pxO real ecuatoriano foi a moeda de curso legal en Ecuador desde 1833 ata 1871, cando foi substituída polo peso ecuatoriano.

Historia Ata 1822, a moeda habitual no territorio do actual Ecuador era o real colonial español, que foi substituído polo real colombiano, durante a época da Gran Colombia. O Ecuador independente presentou o seu propio real en 1833, cunha correspondencia de 1 a 1 con respecto ao anterior real colombiano.

En 1856 fixouse unha taxa de cambio fixa co franco francés, de xeito que 8 reais equivalían a 5 francos (1 real = 62 céntimos e medio). A partir desta vinculación co franco, en 1858 emitiuse unha moeda de prata co valor de 5 francos ecuatorianos, equivalente aos 8 reais, na procura de establecer un sistema decimal, aínda que o seu uso efectivo non se estendeu máis alá de 1861."Cinco francos". Numismatico.bce.fin.ec

Desde 1862, os bancos comerciais comezaron a emitir o seu papel moeda tanto en pesos como en reais, ata que que finalmente, en 1871, o real foi substituído polo peso ecuatoriano, cunha taxa de cambio de 8 reais = 1 peso.

Moedas A serie de moedas do real ecuatoriano foi cuñada na Casa da Moeda de Quito, en prata con valores faciais de ¼, ½, 1, 2, 4 e 8 reais; e en ouro con valores de 1, 2, 4 e 8 escudos (1 escudo = 16 reais).

En 1862 deixaron de cuñarse moedas expresadas en reais, aínda que se mantiveron na circulación ata 1871.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hoyos, M. (1998). La Moneda Ecuatoriana a través de los tiempos. Ed. El Conejo. ISBN 9789978871812 Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed. ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9

Reyes, R. (2013). Numismática Ecuatoriana. Evolución y coleccionismo de nuestra moneda. Instituto Metropolitano de Patrimonio, Quito. ISBN 978-9978-366-67-7

Outros artigos Economía de Ecuador

Ligazóns externas

Moedas do real ecuatoriano

Categoría:Moedas de Ecuador Categoría:Real (moeda) Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas fóra de curso