Antipapa é aquela persoa que, en oposición á cabeza da Igrexa católica vista como lexítimo reclama para si o título de Papa de xeito non oficial ou non suxeito ás normas da Igrexa que rexían en cada momento a elección de papa.

Características Non indica unha postura contraria á doutrina católica, senón simplemente un intento de usurpación ou un pór de manifesto o descontento co liderado papal conxuntural. Os antipapas aparecen sobre todo en períodos de turbulencia, coma no Cisma de Occidente.

Listaxe de antipapas Hipólito (217-235) Novaciano (251) Fiz II (235-265) Ursino (366-367) Eulalio (418-419) Lourenzo (498; 501-505) Dióscoro (530) Teodoro II (687) Pascual I (687) Teofilato 767 Constantino II (767-769) Filipe (768) Xoán VIII (844) Anastasio III (855) Cristovo (903-941) León VIII 963-965 Bonifacio VII (974; 984-985) Xoán XVI (997-998) Gregorio (1012) Bieito X (1058-1059) Honorio II (1061-1072) Clemente III (1080; 1084-1100) Teodorico (1100) Alberte (1102) Silvestre IV (1105-1111) Gregorio VIII (1118-1119) Celestino II (1124) Anacleto II (1130-1138) Víctor IV (1138 Víctor IV (1159-1164) Pascual III (1164-1168) Calisto III (1168-1178) Inocencio III (1179-1180) Nicolao V (1328-1330)

Traslado a Aviñón, Francia

Clemente VII (1378-1394) Bieito XIII (1394-1423) Alexandre V (1409-1410) Xoán XXIII (1410-1415) Bieito XIV 1425-1429 Bieito XIV 1430-1437 Fiz V (1440-1449)

Véxase tamén

Categoría:Antipapas Categoría:Historia do cristianismo Categoría:Títulos eclesiásticos