miniatura|O Cometa Halley representado no Tapiz de Bayeux.
Acontecementos
Europa
O porto viquingo de Hedeby, saqueado por eslavos. Iníciase a construción dunha nova igrexa en Monte Cassino. Fúndase o priorado de Boxgrove, na Inglaterra.
Conquista normanda de Inglaterra
6 de xaneiro - Haroldo II Godwinson é coroado rei de Inglaterra, ao día seguinte da morte de Eduardo o Confesor. Haroldo III da Noruega invade a Inglaterra coa axuda de Tostig Godwinson, irmán de Haroldo II. 25 de setembro - Batalla da Ponte de Stamford: O exército de Haroldo Godwinson derrota os invasores noruegueses. 28 de setembro - Guillerme, Duque de Normandía invade Inglaterra con 7000 homes dando inicio á Conquista Normanda; Haroldo II inicia a marcha forzada para o sur a fin de enfrontar a ameaza. 14 de outubro - Batalla de Hastings: Guillerme de Normandía derrota o exército de Haroldo II de Inglaterra, que morre na batalla. Inicio da dinastía normanda en Inglaterra. 25 de decembro - Guillerme da Normandía é coroado rei de Inglaterra na Abadía de Westminster
Asia
Iníciase o reinado de Harshavarman III, rei de Camboxa (até 1080).
Nacementos
Mortes
5 de xaneiro - Eduardo o Confesor, rei de Inglaterra. 25 de setembro - Tostig Godwinson, conde deposto de Northumbria e irmán de Harold II de Inglaterra. 14 de outubro - Haroldo II de Inglaterra, derradeiro rei saxón de Inglaterra, na batalla de Hastings. Harald III de Noruega, "o derradeiro viquingo", na batalla da Ponte de Stamford Conan II da Bretaña. Cresconio, bispo de Iria e Compostela.
Outros
O Cometa Halley é observado durante todo o ano; aparece representado na Tapiz de Bayeux.
Historia ano a ano
Categoría:1066