1819 (MDCCCXIX) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 7 de agosto - batalla de Boyacá: Simón Bolívar e Sucre derrotan ao xeneral realista Barreiro, deixando o camiño expedito para entrar en Bogotá, tres días despois. 17 de decembro - congreso de Angostura: proclámase a República de Colombia e ofrécese a presidencia a Simón Bolívar.

Nacementos 31 de marzo - Chlodwig zu Hohenlohe-Schillingsfürst, chanceler alemán (m. 1901) 31 de maio - Walt Whitman, poeta estadounidense (m. 1892) 3 de xuño - Johan Barthold Jongkind, pintor impresionista holandés (m. 1891). 13 de agosto - George Gabriel Stokes, físico e matemático británico (m. 1903). 20 de agosto - Luis de Trelles, avogado, político e xornalista galego (m. 1891). 19 de setembro - Eduardo Ruiz Pons, avogado e político galego (m. 1865). 28 de setembro - Narcís Monturiol, enxeñeiro, intelectual e inventor catalán, que inventou o primeiro submarino tripulado con motor, bautizado como Ictíneo. 29 de outubro - Fernando II, rei consorte de Portugal. Alberto Larroque - xurista, xornalista e docente francés.

Mortes 2 de xaneiro - María Luísa de Parma, raíña consorte de España. 20 de xaneiro - Carlos IV, rei de España (1788-1808). 25 de febreiro - Filinto Elísio (Francisco Manuel do Nascimento), poeta portugués (n. 1734). 6 de xullo - Sophie Blanchard, pioneira da navegación en globo. 14 de agosto - Erik Acharius, botánico e médico sueco. 25 de agosto - James Watt, inventor da máquina á vapor.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1819