1946 (MCMXLVI) foi un ano común comezado en martes segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos miniatura|300px|Fotografía tomada en París en 1946, nas escaleiras interiores do antigo Hôtel Majestic (hoxe The Peninsula Paris) daquela sede da UNESCO. Estre os 13 homes están Pablo Picasso, José Giral, Augusto Barcia Trelles, Manuel Irujo Ollo, Alfonso Reyes Ochoa e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. 13 de xaneiro - A guerrilla mata ao xefe da Falange de Viveiro Manuel Trobo Rivera. 2 de febreiro - O guerrilleiro Benedicto Fuentes Díaz foi matado pola Garda Civil en Ulloa (Curbián, Palas de Rei). 1 de marzo - Francia pecha a fronteira con España. 4 de marzo - Franco é condenado por unha declaración en París, en Londres e en Washington. 24 de xuño - En Milreu (Aranga), foron mortos por unha contrapartida os guerrilleiros Marcelino Rodríguez Fernández Marrofer, Lisardo Freixo, Ángel Álvarez Rego e José Doldán. 3 de setembro - Axustizados na prisión da Parda de Pontevedra os guerrilleiros Julio Nieto López e Ramón Vivero Geada. 19 de setembro - Axustizado en Lugo o guerrilleiro Manuel Álvarez Novoa. 21 de setembro - Axustizados na prisión da Coruña os guerrilleiros Luis Blanco López e Diego Valero González. 18 de novembro - A Garda civil mata en Bentraces (Barbadás) a Manuel Álvarez Silva e outro guerrilleiro. 9 de decembro - Manifestación popular de apoio ao réxime de Franco na Praza de Oriente. Nas pancartas pódese ler:"Si ellos tienen ONU, nosotros tenemos dos". 12 de decembro - A ONU recomenda a retirada dos embaixadores en Madrid. A proposta foi aprobada por 36 países, fronte a 6 en contra e 13 abstencións. 13 de decembro - Evasión do Santa Teresa: Un grupo de 22 guerrilleiros antifranquistas galegos parte do Vicedo rumbo a Francia. 19 de decembro - Ten lugar a Batalla de Cambedo entre forzas hispano-lusas e guerrilleiros antifranquistas. miniatura|Alfar. Revista Gráfica de Galicia n.º 2. Nacementos 2 de xaneiro - Elsa Baeza, cantante e actriz española. 3 de xaneiro - John Paul Jones, baixista de Led Zeppelin. 4 de xaneiro - Henrique Harguindey, escritor e tradutor galego (m. 2024). 5 de xaneiro - Diane Keaton, actriz estadounidense. 14 de febreiro - Jan Decleir, actor belga. 19 de xaneiro - Julian Barnes, escritor inglés. 19 de xaneiro - Dolly Parton, cantante estadounidense. 20 de xaneiro - David Lynch, director de cine estadounidense. 5 de abril - Xabier P. Docampo, escritor galego (m. 2018). 9 de abril - Paco Vázquez, político galego. 19 de abril - Tim Curry, actor británico (m. 2026). 10 de maio - Biruté Galdikas, bióloga canadense. 18 de maio - Frank Hsieh, político taiwanés. 20 de maio - Cher, cantante estadounidense. 13 de xuño - Montserrat Roig, escritora catalá (m. 1991). 14 de xuño - Donald Trump, político estadounidense. 4 de xullo - George W. Bush, presidente estadounidense. 22 de xullo - Mireille Mathieu, cantante francesa. 19 de agosto - Bill Clinton, político estadounidense. 26 de agosto - Grigoris Buniatyan, bispo da Igrexa apostólica armenia. 30 de agosto - Miro Casabella, músico galego. 2 de setembro - Abel Caballero, economista, político e escritor galego. 29 de setembro - Jeff Wall, fotógrafo canadense. 10 de outubro - Naoto Kan, político xaponés. 20 de outubro - Elfriede Jelinek, escritora austríaca. 30 de novembro - Xosé Vázquez Pintor, escritor galego. 9 de decembro - Jean-Louis Etienne, médico e explorador francés. 30 de decembro - Patti Smith, cantautora e poeta norteamericana.

Mortes 3 de xaneiro - William Joyce, propagandista nazi. 21 de febreiro - Manuel Castro Rodríguez, militar e guerrilleiro antifranquista galego (fusilado). 26 de febreiro - José Sanjurjo Rodríguez, sindicalista e anarquista galego (n. 1866). 17 de marzo - José Varela de Limia, avogado e político galego. 23 de marzo - Francisco Largo Caballero, político e dirixente socialista español. 21 de abril - John Maynard Keynes, economista británico. 6 de xuño - Gerhart Hauptmann, dramaturgo alemán, premio Nobel de Literatura en 1912. 15 de xullo - Wen Yiduo, poeta chinés (n. 1899). 27 de xullo - Gertrude Stein, escritora estadounidense. 27 de xullo - Francisco Elvira Cuadrado, guerrilleiro antifranquista español. 13 de agosto - H. G. Wells, escritor británico.

1 de setembro - Joaquín Arias Sanjurjo, avogado, xornalista e escritor galego. 19 de setembro - Manuel Álvarez Novoa, guerrilleiro antifranquista galego. 13 de outubro - José Barbeito Rouco, médico e político galego (n. 1885). 15 de outubro - Hermann Göring, xefe da Luftwaffe alemá durante a segunda guerra mundial. 16 de outubro - Joachim von Ribbentrop, político nazi, ministro de Asuntos Exteriores durante a segunda guerra mundial. 6 de novembro - Luís Cornide Quiroga, avogado, empresario e político galego (n. 1884). 14 de novembro - Manuel de Falla, músico español. 18 de novembro - Manuel Álvarez Silva, guerrilleiro antifranquista galego.

Premios Nobel Física: Percy Williams Bridgman Química: James Batcheller Sumner, John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley Fisioloxía ou Medicina: Hermann J. Muller Literatura: Hermann Hesse Paz: Emily Greene Balch e John R. Mott

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1946