Christine Nöstlinger, nada en Viena o 13 de outubro de 1936 e finada o 28 de xuño de 2018, foi unha escritora austríaca coñecida polos seus libros infantís. Recibiu un dos premios Astrid Lindgren do Consello das Artes Sueco en 2003, o principal premio de literatura infantil, pola súa contribución á "literatura moza e adulta no sentido máis amplo". Recibiu o premio Hans Christian Andersen pola súa "duradeira contribución á literatura infantil" en 1984The Hans Christian Andersen Awards, 1956–2002. IBBY. Gyldendal. 2002. Austrian Literature Online. Consultado o 2013-08-01. e ata 2012 era unha das tres persoas que recibiu ambos os premios internacionais.

Traxectoria Nöstlinger naceu en Viena e, segundo as súas propias palabras, foi unha nena salvaxe e rabiosa. Tras acabar o instituto quixo converterse en artista e estudo artes gráficas na Academia de Artes Aplicadas de Viena. Traballou uns anos como artista gráfica antes de casar co xornalista Ernst Nöstlinger, co que tivo dúas fillas.

A maioría da produción de Nöstlinger estivo dedicada á literatura infantil, mais tamén escribiu para a televisión, a radio e os xornais. Na súa obra centrouse nas necesidades da infancia, cun ton antiautoritario. Foi coñecida por discutir temas como a raza, o xénero, a sexualidade e a nacionalidade. Obra O seu primeiro libro foi Die feuerrote Friederike, publicado en 1970, que ela mesma ilustrou. Obra traducida ao galego Das Austauschkind, 1982: Intercambio cun inglés, Planeta & Oxford. Einer, 1971: Un, Edicións Xerais de Galicia. Gretchen hat Hänschen-Kummer, 1983: Gretchen preocúpase, Oxford University Press. Gretchen mein Mädchen, 1988: Gretchen, miña nena, Oxford University Press. Gretchen Sackmeier. Eine Familiengeschichte, 1981: Unha historia familiar, Oxford University Press. Liebe Oma, deine Susi, 1986: Querida avoa... A túa Susi, SM. Liebe Susi, lieber Paul, 1998: Querida Susi, querido Paul, Editorial Galaxia. Stundenplan, 1975: Horario de clase, Editorial Galaxia. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Literatura infantil Ligazóns externas Páxina oficial na Biblioteca da Tradución Galega.

Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Escritores de Austria Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de literatura infantil Categoría:Ilustradores