O Club Natación Pabellón Ourense (CNPO) é un club deportivo galego con base na cidade de Ourense no que se practica a natación e o tríatlon. O club creouse no 1971 e ten base no Pavillón dos Remedios, que conta coa piscina olímpica Rosario Dueñas e coa piscina Pedreo Escudero. O CNPO organiza cada ano dende o 1972 o Trofeo Pedro Escudero, o torneo de natación máis antigo de Galicia e un dos grandes clásicos do calendario polideportivo autonómico no que compiten nadadores galegos e portugueses.
Logros O club foi representado por deportistas internacionais como a olímpica Paula Carballido, Jose M. Regueiro, Alberto Taboada, Iria Álvarez, Marcos Vila, Daniel Caamaño, Laura Pimentel, David Dacuña, Joaquín Abascal, Yago López, Santiago Castellanos ou Aitor Grande.
Notas
Categoría:Deporte en Ourense Categoría:Clubs de natación e wáter-polo de Galicia Categoría:Deporte de Galicia sen imaxes Categoría:Ourense sen imaxes