Antonio Fontao Montenegro,Nalgunhas fontes figura como Antonio Fontáns Montenegro coñecido como París e Diógenes, nado en Asturias cara a 1887 e finado en 1950, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Fillo de Francisco Fontao e Vicenta Montenegro. Xastre ambulante, e tamén dedicado á reparación de reloxos e máquinas de coser en Bandomil (Couto, Taboada). Foi xulgado por ameazas na Audiencia de Lugo en xullo de 1935.El Pueblo Gallego, 24-7-1935, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Lugo o 10 de marzo de 1939. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 767/38 con José Eiriz Fernández e Jesús Pereira Cuñarro, foi condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo, de onde saíu en liberdade condicional o 8 de agosto de 1942.BOE, 18-11-1942, p. 9352-9354. En 1948 o xuíz de Chantada publicou unha requisitoria como procesado por homicidio no sumario 68/1948.BOP Lugo, 27-8-1948, p. 2. Foi novamente procesado na Causa 13/1949 de Vigo por agresion a forza armada. Finou en 1950.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Expediente procesual de Antonio Fontao Montenegro
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Asturias Categoría:Nados en 1887
Categoría:Finados en 1950