A tiroperoxidase (TPO), tamén chamada peroxidase da tiroide ou ioduro peroxidase, é un encima que se expresa principalmente na tiroide, onde se segrega no coloide da tiroide. A tiroperoxidase oxida ións ioduro para formar átomos de iodo para a súa adición a residuos do aminoácido tirosina da tiroglobulina para a produción das hormonas tiroides tiroxina (T4) e triiodotironina (T3). En humanos, a tiroperoxidase está codificada no xene TPO do cromosoma 2.
Reacción catalizada
150px|L-Tirosina + I− + H+ + H2O2 ⇒ 150px|3-Iod-L-Tirosina + 2 H2O
O ioduro oxídase a radical iodo, o cal reacciona inmediatamente coa tirosina, formando unha molécula de 3-iodotirosina (ou 3-iod-L-tirosina).
150px|3-Iod-L-Tirosina + I− + H+ + H2O2 ⇒ 150px|3,5-Diiod-L-Tirosina + 2 H2O
O segundo átomo de iodo engádese de maneira similar ao intermediario da reacción 3-iodotirosina.
Función miniatura|300px|Síntese das hormonas tiroides, na que a tiroperoxidase realiza o paso da oxidación que se ve na parte do centro esquerda da imaxe.
O iodo inorgánico entra no corpo principalmene como ioduro, I−. Despois de entrar na célula folicular tiroide do folículo tiroide, por medio do simportador de Na+/I− (NIS) do seu lado basolateral, o ioduro é trasladado a través da membrana apical da célula ao coloide da tiroide por medio da pendrina, despois do cal a tiroperoxidase oxida o ioduro a iodo atómico (I) ou iodinio (I+). A "organificación do iodo," a incorporación do iodo na tiroglobulina para a produción de hormonas tiroides, é non específico; é dicir, non hai un intermediario unido á tiroperoxidase, senón que a iodación ocorre por medio de especies reactivas do iodo liberadas da tiroperoxidase (TPO). As reaccións químicas catalizadas pola tiroperoxidase ocorren na superficie externa da membrana apical e están mediadas polo peróxido de hidróxeno.
Estimulación e inhibición A tiroperoxidase é estimulada pola hormona estimulante da tiroide (TSH), que regula á alza a expresión xénica.
A tiroperoxidase é inhibida por fármacos tioamidas, como o propiltiouracilo e o metimazol. En ratas de laboratorio cunha captación insuficiente de iodo, a xenisteína demostrou que inhibe a tiroperoxidase.
Importancia clínica A tiroperoxidase é un epítopo frecuente de autoanticorpos en enfermidades autoinmunes tiroides, e ditos anticorpos denomínanse anticorpos anti-TPO. Isto está xeralmente asociado coa tiroidite de Hashimoto. Así, pode utilizarse o título de anticorpos para avaliar a actividade da doenza en pacientes que desenvolveron tales anticorpos.
Uso diagnóstico En inmunohistoquímica diagnóstica a expresión da tiroperoxidase pérdese no carcinoma de tiroide papilar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Oxidorredutases Categoría:Tiroide