NuSTAR, acrónimo de Nuclear Spectroscopic Telescope Array, e tamén coñecido como SMEX 11 e Explorer 93, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 13 de xuño de 2012 mediante un foguete Pegasus XL desde o atol Kwajalein, nas illas Marshall.

Características NuSTAR forma parte do programa SMEX de satélites pequenos e de baixo custo e está adicado a observar o ceo en raios X, no rango de enerxías entre 8 e 80 keV. O seu obxectivo principal son os quásares, os buratos negros binarios galácticos e os remanentes de supernovas, estudando os espectros orixinados polas transicións nucleares que se dan no rango de enerxías no que observa.

O observatorio usa o bus LEOStar-2 e está formado por dous telescopios de raios X duros separados do corpo principal do observatorio por un mastro de 10 m de lonxitude e que focalizan os fotóns nun detector de estado sólido.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pegasus XL

Ligazóns externas Páxina de NuSTAR en CALTECH

Categoría:Observatorios espaciais Categoría:Programa Explorer