Antonio Parada Calvo, nado en Castrelo do Val cara a 1916 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Labrego de Monteveloso (Piornedo). Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido en agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Avelino Rodríguez Rodríguez, José Toro Martínez, Benjamín Sierra Fernández, José María Albar González e Martín Estévez Vega, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.El Ideal Gallego, 12-10-1941, p. 3.La Región, 15-10-1941, p. 2. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Represión franquista en Ourense

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Nados en Castrelo do Val

Categoría:Nados en 1916

Categoría:Finados en 1941