Benjamín Sierra Fernández, nado na Gudiña cara a 1905 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Barbeiro na Venda da Capela (Pentes). Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido o 25 de agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Avelino Rodríguez Rodríguez, José Toro Martínez, José María Albar González, Martín Estévez Vega e Antonio Parada Calvo, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.El Ideal Gallego, 12-10-1941, p. 3.La Región, 15-10-1941, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Represión franquista en Ourense
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1941