Avelino Rodríguez Rodríguez, nado en Verín cara a 1901 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Labrego de Verín. Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido o 25 de agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Martín Estévez Vega, José Toro Martínez, Benjamín Sierra Fernández, Antonio Parada Calvo e José María Albar González, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.El Ideal Gallego, 12-10-1941, p. 3.La Región, 15-10-1941, p. 2.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Represión franquista en Ourense

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1941