Iván Martínez Gonzálvez, coñecido como Barbero, nado en Roquetas de Mar o 17 de agosto de 1998, é un futbolista español que xoga como dianteiro centro no Arouca, da Primeira Liga de Portugal.
Traxectoria O seu pai, José Antonio Martínez Baena, de quen herdou o alcume de "Barbero", foi porteiro entre outros equipos da UD Almería, equipo no que xogou varios anos, conseguindo un ascenso á Segunda División.
Iván Barbero formouse como futbolista nas canteiras do hoxe desaparecido Poli Ejido e do Polideportivo de Aguadulce. Nesta etapa xogou principalmente na posición de interior esquerdo, ata a súa chegada en 2015 ao Club Natación Almería, onde comezou a actuar con máis regularidade como dianteiro centro. Despois dunha tempada no Natación Almería fichou polo equipo xuvenil da UD Almería, equipo da División de Honra no que militou durante unha campaña, chegando a disputar ademais catro encontros co Almería B na Terceira División.
Para a tempada 2017/18 ingresou na estrutura do Osasuna para xogar no filial deste, o Promesas, no que tamén xogara seu pai na década de 1990. Na súa primeira tempada fíxose coa titularidade no filial, co que marcou 20 goles, e un triplete seu ante o Cádiz B deulle ao Osasuna Promesas o ascenso á Segunda División B. En decembro de 2019 debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido diante do Lorca Deportiva. Un mes despois, cando era un dos máximos anotadores da terceira categoría, con 10 goles, pasou a un club de nivel superior, sendo cedido ao Almería, de Segunda División.
No seu regreso ao club almeriense, debutou co primeiro equipo deste na categoría de prata, nun encontro ante o Numancia en Los Pajaritos, substituíndo nos minutos finais ao serbio Radosav Petrović. Participou nun total de 10 partidos, un deles como titular, e disputou sen éxito a fase de ascenso á Primeira División.
Para a tempada 2020/21 volveu saír cedido a un club de Segunda, o Alcorcón. No equipo dirixido por Mere primeiro e Anquela despois, o xogador almeriense disputou un total de 34 encontros, saíndo habitualmente dende o banco de suplentes. Marcou dous goles, contra Tenerife e Rayo Vallecano, e acabou salvando a categoría nas últimas xornadas.
No verán de 2021 regresou a Osasuna, pasando a ter ficha do primeiro equipo. Así, na segunda xornada da tempada 2021/22 debutou na Primeira División, nun partido diante do Cádiz no Nuevo Mirandilla, saltando ao terreo de xogo no minuto 87 como substituto de Torró. Disputou seis partidos na máxima categoría co equipo de Jagoba Arrasate e marcou un gol na Copa do Rei. Para a seguinte campaña baixou ao filial, co que disputou 35 partidos na Primeira División RFEF, marcando 13 goles.
O 21 de xullo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da mesma categoría. Debutou na primeira xornada contra o Rayo Majadahonda, e marcou o seu primeiro gol unha semana despois, na vitoria por 0-3 sobre o Lugo no Anxo Carro. Con todo, na cuarta xornada fronte a Unionistas, sufriu unha lesión de menisco e tivo que ser operado polo traumatólogo Rafael Arriaza. Despois de catro meses de recuperación, reapareceu en xaneiro ante a Cultural Leonesa. Xogou varios encontros saíndo dende o banco de suplentes, ata que recuperou a titularidade contra o Logroñés, partido no que marcou un dos goles do seu equipo (0-5). A continuación marcou sucesivamente ante o Tarazona e conseguiu un triplete fronte a Osasuna Promesas. Pechou a súa primeira campaña na Coruña como o segundo máximo goleador do equipo con 11 goles en 23 partidos (só por detrás de Lucas Pérez), contribuíndo de xeito importante ao ascenso do equipo á Segunda División.
Na primeira metade da tempada 2024/25 alternou titularidades e suplencias co marroquí Bouldini, pero perdeu peso no equipo trala chegada en xaneiro do neerlandés Zakaria Eddahchouri. Disputou 37 partidos, 19 deles como titular, e sumou 7 goles.
En xullo de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Arouca, da Primeira Liga de Portugal.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira División, a Segunda División e a Segunda División B.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPoli Aguadulce2014/152ª Andaluza10----10Almería B2016/17Terceira40----40Osasuna B2017/18Segunda B260----2602018/19Terceira??--232+3+2019/20Segunda B2010----2010Osasuna2019/20Primeira0010--10Almería2019/20Segunda90--10100Alcorcón2020/21Segunda32220--342Osasuna2021/22Primeira6011--71Total club60210081Osasuna B2022/231ª RFEF3513----3513Total club81+23+002383+26+Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF231100--23112024/25Segunda37700--377Total club601800006018Arouca2025/26Primeira19420--214Total carreira 212+ 47+ 613 3 22151+
Palmarés Deportivo da Coruña Primeira División RFEF (1): 2023/24.
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados na provincia de Almería Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do FC Arouca