A Radio Kalimera (inicialmente Radio Calimero) ou simplemente a Kalimera, é unha radio libre da cidade de Compostela que naceu a principios dos anos 90 nun contexto onde na cidade agromaban iniciativas de autoxestión e as experiencias okupas.

Sintonizábase no 107.8 FM e emitiu desde diversos lugares da cidade: o barrio de Vite, o Burgo das Nacións, a Casa Encantada de Sar, o Centro Social O Pichel e por último na Casa do Peixe.

Notas

Categoría:Emisoras de radio de Galicia Categoría:Santiago de Compostela