Alberto Moreiras Fernández, nado en Celanova e finado nos anos oitenta, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Foi elixido secretario da Juventud Católica de Celanova en outubro de 1912.La Región, 27-10-1912, p. 1. Foi xuíz municipal suplente de Celanova en 1927 e 1928, e subcabo do Somatén da parroquia de Celanova en 1928.La Región, 28-12-1928, p. 8. Na Segunda República foi nomeado alcalde de Celanova en 1933. Foi presidente do Padroado Curros Enríquez,La Voz de Galicia, 1-11-1934, p. 1. e pronunciou un discurso na inauguración do munumento ao poeta na Coruña en 1935. Permaneceu como alcalde até marzo de 1936. Nos anos sesenta foi director da sucursal de Celanova da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.La Región, 12-3-1969, p. 3.

Vida persoal

Casou con Camila Álvarez Casais e foi pai de Cesáreo Moreiras Álvarez. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Celanova Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Celanova

Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Finados en ano descoñecido