miniatura|270x270px| Muller aleitando un bebé (Hortense Fiquet pintada por Cézanne). A categoría de risco de lactación materna é un xeito de identificar os riscos potenciais para un bebé a partir de fármacos que pasan ao leite materno; moitos medicamentos considéranse seguros. O concepto deriva da necesidade de equilibrar os beneficios dos medicamentos para a nai fronte aos riscos potenciais para o lactante.

Non todos os fármacos seguros durante o embarazo son necesariamente seguros durante a lactancia.

Características

Mecanismo de transferencia Os fármacos transfírense ao leite materno a través dun proceso de difusión pasiva. miniatura|270x270px|As prescricións de fármacos a mulleres que están aleitando toman en consideración o risco para o bebé. No debuxo, chamado para regular máis estritamente produtos químicos ambientais como o DDT que poden entrar na cadea alimentaria e afectar a saúde dos máis pequenos. As substancias pasan do plasma materno aos lactocitos que recobren o alvéolo e, eventualmente, ao leite.

Consideracións Evítense fármacos non esenciais. Prefíranse fármacos con vida media curta, alta unión a proteínas e baixa biodispoñibilidade oral. Téñase especial precaución con bebés prematuros ou de baixo peso. Óptese por fármacos con historial de uso seguro.

Categorización As categorías de risco están marcadas con L1, L2, L3, L4 e L5. Estas indican desde os fármacos seguros para a lactancia até os totalmente contraindicados, por esa orde.

A información actualízase regularmente e baséase en aspectos farmacocinéticos e estudos científicos recentes. Un exemplo é o traballo do farmacólogo Dr. Thomas Hale. Táboa de categorías Categorías de risco farmacolóxico na lactación segundo o doutor Hale. Categoría L1 Máxima seguridade. Fármaco que foi tomado por un gran número de nais lactantes sen observar aumento dos efectos adversos sobre o bebé. Os estudos controlados en mulleres lactantes non demostran un risco para o lactante, e a posibilidade de dano ao lactante é remota ou o produto non está biodispoñíbel por vía oral para un bebé. Categoría L2 Seguro. Un fármaco que foi estudado nun número limitado de mulleres lactantes e que non se demostrou que aumente os efectos adversos no lactante; e/ou a evidencia dun risco probábel demostrado tras o uso desta droga nunha muller lactante é remota. Categoría L3 Moderadamente seguro. Non hai estudos controlados en mulleres lactantes; con todo, é posible o risco de efectos adversos para un lactante; ou, estudos controlados mostran só efectos adversos mínimos e non ameazantes. Os medicamentos só deben administrarse se o beneficio potencial xustifica o risco potencial para o bebé. Categoría L4 Posibelmente perigoso. Existen evidencias positivas de risco para un bebé aleitado ou para a produción de leite materno, pero os beneficios do uso nas nais lactantes poden ser aceptábeis a pesar do risco para o bebé (por exemplo, se o medicamento é necesario nunha situación que ameaza a vida ou enfermidade grave para a que non se poden usar medicamentos seguros ou son ineficaces). Categoría L5 Contraindicado. Estudos en nais lactantes demostraron que existe un risco importante e documentado para o lactante en base á experiencia humana; ou é un medicamento que ten un alto risco de causar un dano importante a un bebé. O risco de usar a droga en mulleres lactantes supera claramente calquera posible beneficio da lactación materna. O medicamento está contraindicado en mulleres que están aleitando a un bebé.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Categorías farmacolóxicas no embarazo

Ligazóns externas

Safety of Psychiatirc Drug During Pregnancy and Lactation 2 (en inglés)

Actualizacións do Dr. Hale (en inglés)

Categoría:Saúde Categoría:Farmacoloxía