Fernando Ramallo Fernández, nado en Vigo o 17 de agosto de 1965, é un profesor universitario e investigador galego.

Traxectoria É catedrático de Lingüística Xeral na Universidade de Vigo, Departamento de Tradución e Lingüística. Foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa (2013-2019) e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2018-2022). Dedica a súa investigación á comprender as relacións lingua-política-sociedade, tomando como eixo os procesos de (des)minoración lingüística e as súas consecuencias. Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese Actos de fala, comunicación e mediación. Análise pragmática e sociolingüística dos procesos electorais na prensa galega (1977-1996) (2004, Universidade de Vigo).

Académico correspondente da Real Academia Galega (2012).

Ten colaborado en Grial, A Trabe de Ouro e revistas internacionais de lingüística.

Obras

O cumprimento da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias (2022). Universitat de València. ISBN 978-84-0937-519-6. Que pasa co galego? 32 preguntas sobre a situación social da lingua (2023). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-377-0. ePub: ISBN 978-84-1110-399-2.

Libros colectivos

Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia: compendio do I volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1994) (1995).A Coruña: RAG. Usos lingüísticos en Galicia: compendio do II volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1995). A Coruña: RAG. Actitudes lingüísticas en Galicia: compendio do III volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1996). A Coruña: RAG. Publicidade e lingua galega: os consumidores ante o uso do galego na comunicación publicitaria e nas relacións comerciais (1995). Santiago de Compostela. Vender en galego: comunicación, empresa e lingua en Galicia (1997). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Manual de Ciencias da Linguaxe (2000). Vigo: Xerais Bilingual socialization and bilingual language acquisition: proceedings from the Second International Symposium on Bilingualism (2002). University of Vigo. Discourse and enterprise : communication, business, management and other professional fields (2006). Lincom Europa. Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos (2007). Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística. A planificación lingüística nos centros educativos (2008). Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística. Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia (2008). Consello da Cultura Galega. Las lenguas de España a debate (2013). Valencia: Uno y Cero ediciones. Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias: actividades para a aula (2019). Xunta de Galicia. Neohablantes de lenguas minorizadas en el Estado español (2019). Iberoamericana Vervuert. Wugondisi ngu tidimi timbidi ditikoni da Mosambiki: ndzila ya magondiselo (2020). Universidade de Vigo. En galego 24/7: guía práctica (2020). Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística. A educação bilingue en Moçambique. Guia prática (2020). Universidade de Vigo Vudondrisi hi tindrimi tibidri tikweni dra Musambiki: xivaningelo xa vudondrisi (2020). Universidade de Vigo. Setenta ideas para a (pos)pandemia (2020). Vigo: Catroventos. A lingua en 2050 (2021). Vigo: Catroventos. A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 (2023). Vigo: Catroventos. A reflexión sobre a lingua na sociedade: alén dun contido curricular, unha necesidade estratéxica: Propostas para a docencia (2023). Deputación Provincial de Pontevedra: Universidade de Vigo. Guida per l’educazione al plurilinguismo con lingue local. Proposte per il cimbro, il ladino e il mòcheno (2023).Trento: Erickson.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1965 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes