miniatura|O cosmonauta Oleg Kotov usando traxe espacial Orlan durante un paseo espacial. Orlan é o nome dunha familia de traxes espaciais soviéticos e rusos deseñados por NPP Zvezda para actividades extravehiculares. Foi usado por primeira vez na estación Saliut 6 e seguiron usándose na estación Mir e na Estación Espacial Internacional. Os traxes Orlan derivan do traxe Kretchet, que tería que usarse na exploración lunar tripulada polos soviéticos. Está formado por extremidades flexibles unidas a un torso ríxido co casco integrado. Accédese ao traxe por unha tapa na parte posterior, que se pecha selando o traxe. A parte exterior da tapa contén o soporte de equipo vital do traxe, mentres que os controis están na parte frontal, no peito.

A versión orixinal, o Orlan-D, usado na Saliut 6, tiña unha autonomía de tres horas. A versión DM soporta ata nove horas de excursión extravehicular. A presión interna do traxe é de 0,40 atmosferas, requirindo só un tempo de 30 minutos de prerrespiración para poder usalo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Saliut 6 Mir Estación Espacial Internacional Berkut (traxe espacial) Yastreb

Categoría:Traxes espaciais