Julián Carballo Gómez, nado en Pontevedra en maio de 1894 e finado na Coruña o 11 de maio de 1938, foi un barbeiro e sindicalista galego.

Traxectoria miniatura|Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación La Libertaria, obra de Jorge Pastor. Instalado na Coruña como barbeiro. Delegado da Confederación Rexional Galaica e da Federación Local Obrera da CNT. Militante do Sindicato de Barbeiros e socio do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi detido en Ferrol por orden gobernativa en febreiro de 1932 como consecuencia dunha folga.El Correo Gallego, 17-2-1932, p. 1.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia armada ao golpe, despois agochouse e contactou con outros militantes dispersos que non foran capturados. Grazas á colaboración dos militantes do Sindicato El Despertar Marítimo, logrou fuxir da Coruña a principios de xaneiro de 1937, na embarcación La Libertaria, coa que chegaron ao porto de Xixón o 7 de xaneiro de 1937. Loitou co Batallón Galicia na fronte do Norte. Logo da caída de Asturias, foi detido o 4 de novembro de 1937 a once quilómetros de Tinéu cando retornaba a Coruña. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar o 19 de febreiro de 1938, foi condenado a morte.La Voz de Galicia, 20-2-1936, p. 4. Foi executado na Coruña o 11 de maio de 1938. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1938